O Metro de Palma é un sistema de transporte rápido de ferrocarril na cidade balear de Palma, en Mallorca. Ten dúas liñas operativas que conforman unha rede en forma de Y cunha lonxitude total de 15,55 km.
Historia A rede de metro proxectouse a finais de 2004. A primeira liña empezou a funcionar o 25 de abril de 2007. Abríronse primeiro as estacións subterráneas de Plaça de Espanya (Intermodal), Jacint Verdaguer e Son Costa-Son Fortesa co único servizo do tren.
As obras do metro de Palma, que se realizaron en menos de dous anos presionadas polos prazos e as necesidades da cidade, deron lugar a certas deficiencias nas que destacaban fallas no sistema de ventilación dos túneles e na evacuación das precipitacións que son normais para a cidade.
O 23 de setembro do 2007, unha serie de choivas fortes provocaron a inundación de varias das estacións, tras o cal a liña foi clausurada indefinidamente para realizar as obras de reparación, que se valoraron en 28 millóns de euros. Finalmente o metro de Palma volveu funcionar desde o 28 de xullo de 2008.
Liñas e estacións En 2018 o Metro de Palma está formado por dúas liñas: Liña Terminais Lonxitude Estacións Apertura Tempo de viaxe 30px Plaça d'Espanya - UIB 2007 30px Plaça d'Espanya - Marratxí 2013
A liña 1 une as estacións de Plaça d'Espanya e a Universidade das Illas Baleares (UIB). Con dúas vías e unha lonxitude de 7,2 km, dos cales 4 son subterráneos e 3,2 en superficie, dispón de nove estacións, oito subterráneas e unha exterior. A liña deseñouse para unha velocidade máxima de 100 km/h e enlaza a estación intermodal de Plaça d'Espanya coa UIB nun tempo de 13 minutos. O estudo sinala que este traxecto tería unha duración de 5 minutos no caso de que non houbese paradas. As previsións apuntaban a que o transporte colectivo do estudantado subiría do 31 ao 43%, captando o 12% dos actuais viaxeiros de coche ou outras modalidades e o 95% da demanda total actual do autobús. 250px|miniatura|Estación da UIB
Estación intermodal A estación intermodal ten 3 niveis, distribuídos do seguinte xeito:
Nivel 1: Distribuidor, despachos de billetes, control de accesos, instalacións de seguridade e zona de equipamentos e servizos.
Nivel 2: Estación ferroviaria coas seguintes características: 10 vías de tren con 5 plataformas. Control de Tráfico Centralizado (CTC). Sistemas de información ao viaxeiro. Posibilidade de trens cada 3 minutos (máis de 400 circulacións)
Nivel 2: Estación de autobuses: 30 dársenas. Posibilidade de 90 circulacións (en hora punta).
Nivel 3: Zona de estacionamento de vehículos
Unidades de tren Empresa adxudicataria: Construcciones y Auxiliar de Ferrocarriles CAF Orzamento de adxudicación: 14 501 160 ? Número de unidades: 6 unidades dobres (motor - motor) Características e dimensións da estrutura: caixa de aceiro inoxidable de 33,082 metros de lonxitude e 2,55 metros de anchura Capacidade máxima da unidade dobre: 380 acodes Anchura da vía: 1000 mm Tensión de electrificación: 1500 V
Prestacións da unidade Velocidade máxima: 100 km/h Aceleración máxima: 1,1 m/s² Desaceleración máxima: 2 m/s²
Equipamento 250px|miniatura|Interior dun tren do Metro de Palma Sistema ATP (Automatic Train Protection) tipo FAP (Freado Automático Puntual). Sistema de radio dixital Tetra para comunicacións Tren-Terra. Computador de bordo con comunicación de avarías e anomalías e rexistrador de acontecementos. Portas eléctricas antiatrapamento. Megafonía interior sensible ao nivel de ruído. Megafonía exterior. Corredor adaptado a PMR de intercirculación entre coches. Intercomunicación pasaxe - maquinista. Circuíto pechado de televisión (CPTV) con catro cámaras por unidade dobre. Paneis interiores de indicación de próxima estación. Panel luminoso frontal de indicación de destino. Climatización frío - calor con temperatura regulable. Faros de xenon de longo alcance. 2 prazas adaptadas a persoas de mobilidade reducida con avisos ao maquinista. Asentos con deseño antivandálico. Sistema de insonorización de rodas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Consorcio de Transportes de Mallorca
Palma Categoría:Transporte en Palma