dereita|miniatura|Once titular da SD Negreira na tempada 2025-26. A Sociedade Deportiva Negreira é un club de fútbol galego de Negreira, na provincia da Coruña. Foi fundado en 1965 e compite no grupo Norte da Preferente Autonómica de Galicia.

Historia A principios da década de 1980, durante a presidencia de Gumersindo Rodríguez-Trelles e con José Manuel Rodríguez "Rodri" como adestrador, logrou ascender da Liga da Costa a Primeira Rexional. Nos anos 1990 continuou ascendendo. Debutou na Terceira división española a tempada 2001-02 e chegou a xogar na Segunda división B española a tempada 2005-06. É o 279º na Clasificación Histórica de Segunda división B. Tras gañar a Supercopa de Galicia 2025 clasificouse para a Copa do Rei de fútbol 2025-26, caendo en primeira rolda fronte á Real Sociedad.

Uniforme Uniforme titular: Camiseta vermella, pantalón azul e medias vermellas. Uniforme alternativo: Camiseta branca, pantalón branco e medias brancas.

Estadio

O estadio do Negreira é o Campo Municipal de Fútbol Jesús García Calvo. Antes xogaba no campo de Cepelo na parroquia de Logrosa, con capacidade para 2.000 espectadores.

Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ª B: 1 Tempadas en 3ª: 12 (Incluída a 2013/14) Mellor posto na liga: 20º (Segunda División B, tempada 2005–06). Peor posto na liga: 15º (Terceira División, tempada 2001–02).

Historial na liga TempadaCategoríaPostode 63-64Rexional—a 00-01Rexional— 2001/023ª15º2002/033ª13º2003/043ª11º2004/053ª 10px2005/062ªB 10px2006/073ª3º2007/083ª16ºTempadaCategoríaPosto2008/093ª10º2009/103ª8º2010/113ª8º2011/123ª14º2012/133ª15º2013/143ª 10px2014/15Preferente 10px2015/163ª12º2016/173ª12ºTempadaCategoríaPosto2017/183ª 10px2018/19Preferente 10px2019/201ª Galicia10º2020/21non competiu2021/221ª Galicia / 2022/231ª Galicia2º2023/241ª Galicia 10px2024/25Preferente—

Palmarés Subcampión da Terceira División (1): 2004/05. Preferente Galicia (1): 2014/15. Primeira Galicia (1): 2023/24. Copa Deputación da Coruña (1): 2006

Notas

Categoría:Equipos de fútbol da provincia da Coruña Categoría:Deporte en Negreira