Patraix é o distrito 8 e tamén un barrio da cidade de Valencia, que inclúe, ademais de Patraix, aos barrios de Sant Isidre, Vara de Quart, Safranar e Favara. Foi unha vila independente até o ano 1870, ano no que se anexionou a Valencia a petición propia do Concello de Patraix.

A poboación censada no 2009 era de 58.947 habitantes segundo o concello de Valencia.

Localización e distribución miniatura|Situación do distrito na cidade de Valencia Limita cara ao norte co distrito de L'Olivereta, ao sur cos distritos de Jesús e Pobles del Sud, ao leste con Extramurs e ao oeste co municipio de Xirivella.

O distrito de Patraix tiña 58.401 habitantes en 2007, divididos entre cinco barrios:

Patraix (25.429) Sant Isidre (10.002) Vara de Quart (10.916) Safranar (8.641) Favara (3.413)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Plano oficial dos distritos e barrios da cidade de Valencia

Categoría:Distritos de Valencia