Ueda (上田市, うえだし, Ueda-shi) é un concello da prefectura de Nagano no Xapón. Está situado na rexión de Kōshin'etsu, no centro da rexión de Chūbu e ó leste da prefectura, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 552,00 km², a poboación é de 160.500 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 291 h/km².

O concello de Ueda limita cos concellos de Suzaka, Nagano, Chikuma, Sakaki, Chikuhoku, Aoki, Matsumoto, Nagawa, Tateshina, Tōmi (que son da prefectura de Nagano); e de Tsumagoi (este último é da prefectura de Gunma).

Cidades irmandadas Davos, Grisóns, Suíza (1976). Kudoyama, Prefectura de Wakayama, Xapón (1977). Kamakura, Prefectura de Kanagawa, Xapón (1979). Jōetsu, Prefectura de Niigata, Xapón (1979). Toyooka, Prefectura de Hyōgo, Xapón (1979).

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Ueda .

Categoría:Prefectura de Nagano Categoría:Rexión de Kōshin'etsu Categoría:Concellos do Xapón