María Graciela del Carmen Iturbide Guerra, nada o 16 de maio de 1942 na Cidade de México, é unha fotógrafa mexicana.
Traxectoria En 1969 matriculouse no Centro Universitario de Estudios Cinematográficos da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM). coa idea de converterse en directora de cine. Porén, axiña a atraeu a fotografía a través de Manuel Álvarez Bravo, quen impartía obradoiros na universidade. En 1970 e 1971 foi a súa asistente e viaxaron por México e posteriormente por Latinoamérica (en particular, Cuba e Panamá).
En 1978 foi comisionada polo Instituto Nacional Indixenista de México para documentar a poboación indíxena do país. Iturbide decidió fotografar o pobo seri, pescadores nómades que habitan no deserto de Sonora, no noroeste de México, preto da fronteira co estado estadounidense de Arizona.
En 1979 foi invitada polo artista Francisco Toledo a fotografar a vila de Juchitán de Zaragoza, de cultura zapoteca, no estado de Oaxaca, no sueste mexicano. A serie, continuada até 1988, reflectiuse na publicación do libro Juchitán de las Mujeres en 1989. Entre 1980 e 2000 foi invitada a traballar en Cuba, a RDA, a India, Madagascar, Hungría, Francia e os EUA.
En 2004, no 50 aniversario do pasamento de Frida Kahlo, foi invitada a fotografar a apertura de dous baños con obxectos e documentos da artista, fechados por Diego Rivera en 1954. O conxunto da obra orixinou a serie El baño de Frida, publicada en 2009.
Desenvolveu o concepto da fotografía documental para explorar as relacións entre o ser humano e a natureza, o individual e o cultural, a realidade e o psicolóxico.
Vida persoal Graciela está emparellada co arquitecto Manuel Rocha Díaz e é nai do compositor Manuel Rocha Iturbide.
Exposicións individuais 1980 - Casa de Cultura de Juchitán, Oaxaca, México 1982 - Centro Pompidou de París, Francia 1990 - Museo de Artes Fotográficas. San Diego, EUA 1991 - Festival de fotografía de Arlés, Francia 1993 - Centro Cultura Chicago. Illinois, EUA 1996 - Museo de Arte Contemporánea de Monterrey, México 1997 - Museo de Arte de Filadelfia, EUA 1999 - Museo de Arte de Helsinqui, Finlandia 2000 - Museo de Bellas Artes de Argentina 2002 - Galería López Quiroga, México 2004 - Galería Robert Miller, USA 2006 - Galería Throckmorton Fine Art, Nova York, EUA 2006 - Wittliff Gallery, Austin, Texas, EUA 2007 - Museo Nacional da Muller nas Artes. Washington, EUA 2007 - El baño de Frida. Centro de Exposicións do Aeropuerto Internacional da Cidade de México; Roma, Italia 2007 - Ojos para Volar. Centro de la Imagen, México 2008 - Torrijos: The Man and the Myth. Americas Society, Nova York, EUA 2012 - Museo Frida Kahlo, México 2018 - PhotoEspaña 2018. Centro de Arte Alcobendas, España 2018 - Graciela Iturbide. Fundación Barrié, España 2019 - Graciela Iturbide: cuando habla la luz. - Palacio de Iturbide, Cidade de México.
Publicacións Avándaro (1971). Texto de Luis Carrión. Cidade de México: Editorial Diógenes. Los que viven en la arena (1981). Texto de Luis Barjau. Cidade de México: INI-Fonapas. En el nombre del padre (1981). Texto de Osvaldo Sánchez. Cidade de México: Ediciones Toledo. Sueños de papel (1985). Texto de Verónica Volkow. Cidade de México: Fondo de Cultura Económica, Colección Río de Luz. Juchitán de las Mujeres (1989). Texto de Elena Poniatowska. Cidade de México: Ediciones Toledo. Fiesta und Ritual (1994). Textos de Erika Billeter e Verónica Volkow. Suiza: Benteli Werd Verlags A.G. Graciela Iturbide: La forma y la memoria (1996). Texto de Carlos Monsiváis. Monterrey: Museo de Arte Contemporáneo de Monterrey, MARCO. Graciela Iturbide, Images of the Spirit (1996). Textos de Alfredo López Austin e Roberto Tejada. Nova York: Aperture Foundation, Inc. Graciela Iturbide (2001). Texto de Cuauhtémoc Medina. Londres: Phaidon. Pájaros (2002). Textos de José Luis Rivas e Bruce Wagner. Santa Fe: Twin Palms Publishers. Graciela Iturbide habla con Fabienne Bradu. Conversaciones con fotógrafos (2003). Madrid: La Fábrica, Fundación Telefónica, PHE Photoespaña. Woman A Celebration (2003). Editado por Peter Fetterman. San Francisco: Chronicle Books. Naturata (2004) Texto de Fabio Morábito. Cidade de México / París: Galería López Quiroga y Toluca Editions. 12 days en Mozambique (2006). Catálogo da exposición. Photography Festival of Rome, Italia. Graciela Iturbide (2006). Madrid: Tf Editores. Graciela Iturbide: Eyes to fly with / Ojos para volar (2006). Textos de Fabienne Bradu e Alejandro Castellanos. Austin: University of Texas Press. Graciela Iturbide: Roma (2007). Catálogo da exposición. Textos de Elisabetta Rasy e Marco Delogu. Photography Festival of Rome. Roma: Zoneattive Edizioni. Graciela Iturbide: Juchitan (2007). Texto de Judith Keller. Los Ángeles: Paul Getty Museum. El baño de Frida Kahlo (2009). Cidade de México: Editorial RM e Galería López Quiroga. Graciela Iturbide (2009). Textos de Marta Dahó, Juan Villoro e Carlos Martín García. Madrid: Fundación MAPFRE. Graciela Iturbide: Asor (2010). Obra electroacústica de Manuel Rocha Iturbide. Göttingen: Little Steidl. Graciela Iturbide: Juchitán de las mujeres: 1979-1980 (2010). Cidade de México: Editorial RM e Calamus Editorial. Graciela Iturbide: México – Roma (2011). Cidade de México: Editorial RM. Graciela Iturbide: No hay nadie / There is no one (2011). Texto de Oscar Pujol. Madrid: La Fábrica. Graciela Iturbide (2011). Textos de Michel Frizot e Robert Delpire. París: Lunwer y PhotoPoche. Graciela Iturbide (2012). Catálogo da exposición. Cidade de México: Museo Amparo e Editorial RM.
Premios 1980 - Primeiro Premio. I Bienal de Fotografía, INBA, Cidade de México 1983 - Bolsa de produción para o ensaio: Recuerdos de Infancia. Consejo Mexicano de Fotografía, Cidade de México 1986 - Premio pola serie: El empleo o su carencia. 1986 - UNESCO – International Labor Organization. Fotografía do ano, Segundo premio. 1986 - ¨Magazine Feature¨ Award, University of Missouri, School of Journalism e National Press Photographers Association 1987 - Premio W. Eugene Smith pola serie: Juchitán. W. Eugene Smith Memorial Foundation 1988 - Bolsa da Fundación Guggenheim polo proxecto: Fiesta y Muerte. Gran Premio. Mois de la Photo, París 1989 - Premio Hugo Erfurth. Leverküsen, Alemaña 1990 - Gran Premio Internacional. Museo da Fotografía, Hokkaido, O Xapón 1991 - Premio Rencontres Photographiques. Arlés, Francia 2002 - Bolsa Richard T. Castro Distinguished Visiting Professor. Denver, Arizona, EUA 2005 - Premio da Cidade de Benevento, Italia 2007 - Premio Legacy Award. Smithsonian Latino Center. Washington, EUA 2008 - Honorary Degree en fotografía. Museum of Contemporary Photography, Columbia College, Chicago, EUA 2008 - Premio da Fundación Hasselblad. Gotemburgo, Suecia 2009 - Premio Nacional de las Artes, Cidade de México 2009 - Honorary Doctorate of Arts. San Francisco Art Institute, EUA 2010 - Premio PhotoEspaña Baume & Mercier. Festival PhotoEspaña, Madrid, España. 2010 - Premio Lucie Award. Nova York, EUA 2013 - Premio Trayectoria Artística. Chobi Mela VII International Festival of Photography, Dakha, Bangladés. 2013 2015 - Premio Cornell Capa, distinción especial á traxectoria profesional en fotografía dos Premios Infinity outorgado polo Centro Internacional da Fotografía (ICP). 2017 - Premio Internacional de Fotografía de Alcobendas.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Retrospectiva de Iturbide en Europa
Categoría:Fotógrafos de México Categoría:Nados na Cidade de México Categoría:Nados en 1942 Categoría:Alumnos da Universidade Nacional Autónoma de México Categoría:Premios Princesa de Asturias das Artes