Manuel Álvarez Torneiro, nado na Coruña o 7 de xullo de 1932 e finado na mesma cidade o 8 de outubro de 2019, foi un xornalista e poeta galego.
Traxectoria Cursou estudos na Escola Superior de Altos Estudos Mercantís da Coruña. Despois de desempeñar varios traballos entrou a traballar en La Voz de Galicia. no que botou vinte e cinco anos e, entre outras funcións, levou a cabo un imporante labor como crítico literario. Foi un dos fundadores do grupo poético Amanecer nos anos 1950 na Coruña e colaborou en diversos libros colectivos e revistas (Dorna, Clave Orión, A xanela, ...). Os antólogos sitúano na Xeración das Festas Minervais, na primeira promoción da poesía de posguerra: os nados entre 1928 e 1942.
Foi nomeado membro de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega en 2011. En 2013 recibiu o Premio Nacional de Poesía,. o primeiro poeta en recibir este premio cun libro en lingua galega.
Obra en galego Poesía Memoria dun silencio (1982). Ediciós do Castro, Serie Liminar. ISBN 9788474921526. Fértil corpo de soño (1986). Sociedade de Cultura Valle-Inclán. ISBN 84-86046-16-5. Restauración dos días (1986). Sotelo Blanco, Leliadoura, nº 11. ISBN 978-8486021467. As voces consagradas (1992). Deputación da Coruña. 96 páxs. ISBN 9788486040666. As doazóns do incendio (1993). Sotelo Blanco. 111 páxs. ISBN 84-7824-156-6. Rigorosamente humano (1995). Sociedade de Cultura Valle-Inclán. Reeditado por Faktoría K en 2015, ISBN 978-84-15250-89-0. Habitante único (1997). Espiral Maior. 100 páxs. ISBN 9788489814233. Luz de facer memoria (1999). Deputación da Coruña. ISBN 9788489652940. Campo segado (2001). Deputación da Coruña. 124 páxs. ISBN 978-8495335739. Os reinos do fulgor. Antoloxía esencial (1982-2002) (2002). Deputación da Coruña. ISBN 84-95950-12-X. Epicentro (2003). Deputación de Pontevedra. 118 páxs. ISBN 9788484571438. Setembro Stradivarius (2004). Deputación de Pontevedra. 102 páxs. ISBN 84-8457-189-0. Parábola do incrédulo (2006). Deputación de Pontevedra. ISBN 9788484572732. Os ángulos da brasa (2012). Faktoría K. ISBN 978-84-15250-36-4. Foi traducida ao castelán (edición bilingüe). Onde nunca é mañá (2014). Faktoría K. 120 páxs. ISBN 978-84-15250-69-2. Clave de bóveda (2020). Faktoría K. 112 páxs. ISBN 978-84-16721-76-4. Inédito e póstumo. A vixilia do bosque (2024). Faktoría K. 80 paxs. ISBN 978-84-19213-51-8. Inédito e póstumo.
Obras colectivas Alma de beiramar (2003). Asociación de Escritores en Lingua Galega. Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000 (2003). Tris Tram. Arturo Casas, editor. Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003). Espiral Maior. 23 poetas cantan a don Antonio Machado (2004), Hipocampo. Son de poesia (2005). Edições Fluviais, Lisboa. Do máis fondo do silencio saen voces (2006). Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña. Poetas e Narradores nas súas voces (volume II) (2006). Consello da Cultura Galega. Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (2006). Difusora. Poemas coruñeses: antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX sobre a Coruña (2008). Espiral Maior.
Obra en castelán Poesía Desnudo en barro (1983). Sociedade de Cultura Valle-Inclán. 55 páxs. Cenizas en el salmo (1985). Sociedade de Cultura Valle-Inclán. 68 páxs. ISBN 978-84-86046-12-5.
Premios Accésit do Premio Esquío de poesía en 1985, por Fértil corpo de soño. Accésit no Premio de poesía Miguel González Garcés no 1992, por As voces consagradas. Premio Esquío de poesía en 1994, por Rigorosamente humano. Premio de poesía Miguel González Garcés no 1998, por Luz de facer memoria. Premio da Crítica en 1999, por Luz de facer memoria. Premio de poesía Miguel González Garcés no 2000, por Campo segado. Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de non poesía ou teatro do 2012, por Os ángulos da brasa. Premio da Crítica en 2012, por Os ángulos da brasa. Premio da AELG á mellor obra de poesía do ano 2012, por Os ángulos da brasa. Ex-aequo con Boca da cobra, de Francisco Salinas Portugal. Premio Nacional de Poesía 2013 por Os ángulos da brasa..
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo. Ligazóns externas 20px Galegos, da TVG. 20px Presentación Os ángulos da brasa Kalandraka Entrevista en Academia.gal (2013)
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Premio Esquío Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1932 Categoría:Finados en 2019 Categoría:Premio Nacional de Poesía de España