Kyōtanabe (京田辺市, きょうたなべし, Kyōtanabe-shi) é un concello xaponés da prefectura de Kyoto. Está situado no centro da rexión de Kinki e ao sur da prefectura, no centro-oeste da illa de Honshu. A súa superficie é de 42,94 km², a poboación é de 66.152 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 1.540 hab./km².

O concello de Kyōtanabe limita cos concellos de Yawata, Jōyō, Ide, Seika (que son da prefectura de Kyoto); Hirakata (da prefectura de Osaca); e Ikoma (este último é da prefectura de Nara).

Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Kyōtanabe

Categoría:Concellos do Xapón Categoría:Prefectura de Kyoto