Minamishimabara (南島原市, しまばらし, Minamishimabara-shi) é un concello da prefectura de Nagasaki no Xapón. Está situado ao noroeste da illa de Kyūshū e ao sur da prefectura, na península de Shimabara. A súa superficie é de 169,89 km², a poboación é de 51.032 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 300 h/km².

O concello de Minamishimabara limita cos concellos de Unzen e Shimabara.

Historia A cidade de Minamishimabara foi fundada pola fusión de 8 concellos de vilas do distrito de Minamitakaki (Kazusa, Kuchinotsu, Minamiarima, Kitaarima, Nishiarie, Arie, Futsu e Fukae) no ano 2006.

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Minamishimabara .

Categoría:Prefectura de Nagasaki Categoría:Concellos do Xapón