Vandellòs i l'Hospitalet de l'Infant é un municipio de Cataluña situado na comarca do Baix Camp na provincia de Tarragona. Segundo datos de 2008 a súa poboación era de 5.653 habitantes. Ademais de Vandellòs e l'Hospitalet de l'Infant, está formado polos núcleos de poboación de l'Almadrava, Masriudoms e Masboquera.

Historia 300px|miniatura|Masboquera Vandellòs aparece citado xa en 1342 co nome de Vallis Laurorumi e en 1460 como Vall de Llorer. Formou parte do termo municipal de Tivissa e quedou integrado na baronía de Castellvell. A partir de 1241, a baronía empezou a ser coñecida como baronía de Entenza ao casar unha neta do señor de Castellvell con Berenguer de Entenza. En 1324, Guillem de Entenza cedeu a baronía ao rei Xaime II e quedou integrada dentro do condado de Prades.

En 1813, as tropas do mariscal Suchet saquearon a cidade. En 1835 a poboación sufriu graves danos por mor dun terremoto.

L'Hospitalet foi fundado polo infante Pedro, fillo de Xaime II e de Branca de Nápoles, o 8 de novembro de 1344. Pedro levantou un edificio ao que chamou Hospital del Coll de Balaguer; o hospital era un edificio de planta cadrada de 54,6 metros de lado cunha torre en cada un dos seus ángulos de 18,5 metros. O intento de repoboación por parte de Pedro fracasou ata que en 1362 o seu fillo Juan de Prades adquiriu máis terreos para o hospital. Este novo edificio foi destruído no século XV.

Monumentos e festas A igrexa parroquial de Vandellòs está dedicada a Sant Andreu. É un edificio de tres naves con cúpula, de estilo renacentista, construída en 1773. Tamén quedan restos das antigas fortificaciones da Idade Media. Tamén se conservan algunhas arcadas do hospital do Coll de Balaguer, así como unha das súas torres e un antigo pozo. A festa maior de Vandellòs celébrase o 26 de setembro, festividade de San Cosme e San Damián. L'Hospitalet de l'Infant celebra as súas festas o 16 de agosto (San Roque).

Economía O turismo converteuse nunha das principais fontes de ingresos do municipio. Construíronse diversos equipamentos como hoteis e urbanizacións. En l'Hospitalet de l'Infant atópase un porto deportivo que dispón de 575 amarres.

A agricultura foi durante moito tempo a base económica da cidade. Actividade que cambiou a partir da construción da central nuclear de Vandellòs en 1972. Os cultivos que aínda permanecen son principalmente abeleiras, amendoeiras e cereais.

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial Porto deportivo de l'Hospitalet