A Encyclopédie anarchiste (en galego Enciclopedia anarquista), é o nome dunha enciclopedia de tendencia anarquista, iniciada por Sébastien Faure entre 1925 e 1934, e publicada en 4 volumes. Existe tamén unha tradución ao castelán, con contido ampliado, publicada polo grupo Tierra y Libertad de México en dous volumes (nos anos 1972 e 1984 respectivamente) baixo o título de Enciclopedia anarquista.

O proxecto inicial estaba formado por cinco partes: Un dicionario anarquista. A historia do pensamento e da acción anarquistas. As biografías de militantes e pensadores. As biografías de individualidades que contribuíron á obra da emancipación humana. Un catálogo de libros e revistas anarquistas.

Só a primeira parte, en catro volumes, cun total de 2.893 páxinas, chegou a ser publicada, en 1934. Tivo centos de colaboradores.

Véxase tamén

Ligazóns externas Encyclopédie anarchiste Enciclopedia anarquista (primeiro tomo da tradución castelá)

Categoría:Anarquismo Categoría:Enciclopedias en francés Categoría:Enciclopedias en castelán