A Désirade ou A Desexada é unha illa do Caribe pertencente á rexión francesa de ultramar e departamento de Guadalupe, nas Antillas Menores.

Ten unha superficie de 21,42 km² e unha poboación de 1.465 habitantes en 2016, cunha densidade de poboación de 68 habitantes por km² nese mesmo ano. A maioría dos residentes vive no asentamento de Beauséjour.

A illa foi bautizada por Cristovo Colón en 1493, ao desembarcar nela durante o seu segunda viaxe a América.

Xeografía A illa está localizada ao redor de 8 quilómetros da costa de Grande-Terre, a metade oriental da illa de Guadalupe. As súas coordenadas son . A Désirade ten unha lonxitude de 11 quilómetros e un ancho de 2 quilómetros. O interior da illa está formada por unha meseta central.Sullivan, Lynne M. Martinique, Guadeloupe, Dominica & St. Lucia, Hunter Publishing Inc., ISBN 1-55650-857-3, p. 345 Ten unha superficie de 20´64 km² e unha poboación de 1.510 no ano 2013, cunha densidad de poboación de 70 hab. por km² en 2013. A maioría dos residentes viven no asentamento de Beausejour (anteriormente coñecido como Grande-Anse).

Administración Administrativamente, a illa da Désirade é parte da comuna (municipalidade) de La Désirade que tamén inclúe as illas de Petite Terre (actualmente deshabitadas).

Principais asentamentos miniatura|Vista da Désirade desde a costa leste de Grande-Terre, Guadalupe, mostrando a meseta central de La Désirade. miniatura|Iguana Delicatissima

Beauséjour O principal asentamento na illa é a vila de Beauséjour, que ten unha oficina de correos, unha biblioteca, varias tendas de comestibles e restaurantes, tamén a igrexa da comunidade, que é famosa polo seu altar tallado en madeira de pereira cultivadas localmente. A praza central do pobo chámase ‘La Place du Maire mendiant’ (praza do alcalde mendigo), en memoria dunha amada figura local. O 'Maire mendiant' foi o alcumo dado a un exalcalde, Joseph Daney de Marcillac, que, logo dun terrible incendio que destruíra a maior parte da poboación en 1922, foi de porta en porta en Guadalupe pedindo fondos e materiais de construción co fin de reconstruír as dúas escolas primarias da localidade.http://www.guadeloupe-fr.com/magazinedestinationguadeloupe/article=25771/

Preto da praza, pódese atopar unha estatua do abolicionista francés Victor Schoelcher, como tamén un monumento en memoria dos pescadores que perderon a vida no mar e o concello, construído no estilo do arquitecto Ali Tur.

Anse de Galets Esta pequena baía está situado no extremo occidental da illa, fronte á Pointe des châteaux. Proporcionou o punto de partida para a colonización da illa, esta cala era tamén o fogar de todos os que se exiliaron no século XVIII.Gwadloup Natures, Desirade Natures, ISSN 1627-0142.

Historia Atopáronse evidencias arqueolóxicas amerindias desde o século III ao XVI. La Désirade foi descuberta en 1493 por Cristovo Colón na súa segunda viaxe. A illa despois converteuse nun refuxio de piratas. Aínda máis tarde, converteuse no sitio dun lazareto de leprosos que finalmente pechou en 1958. O extremo occidental da illa utilizouse como lugar de desterro para os delincuentes de Grande-Terre e dalgúns nobres metropolitanos.

Tybalt Rosembraise naceu na Illa Désirade en 1798.

Notas

Ligazóns externas

Categoría:Antillas Menores Categoría:Illas de Francia Categoría:Illas do Caribe Categoría:Leprosarías