O Balneario de Laias está situado no concello de Cenlle, na provincia de Ourense, inaugurado en abril de 2001. Sitúase na parroquia de Laias, a carón do río Miño.

Servizos As augas do balneario xorden da terra a 54 °C de temperatura. O balneario dispón de numerosos tratamentos (hidromasaxe, sauna, chorros...). Tamén se pode desfrutar dunha piscina exterior de auga quente.

Véxase tamén Outros artigos Balnearios de Galicia

Categoría:Cenlle Laias