Rafael Areses Vidal, nado en Tui en 1878 e finado en Pontevedra o 7 de decembro de 1953,Boletín de novidades. Volume V, número 2, Febreiro 2.010. Domingo Quiroga. Centro de extensión universitaria e divulgación ambiental de Galicia, foi un enxeñeiro de montes galego.
Traxectoria dereita|miniatura|Lápida no panteón familiar no Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra. Foi o fillo do farmacéutico Alonso Areses Portela e de Ramona Vidal Amoedo. En 1902 ingresou no Corpo de Enxeñeiros de Montes. Como membro do Distrito Forestal de Pontevedra-A Coruña promoveu a reforestación do monte Aloia, creando en 1906 o Viveiro Forestal de Areas, no monte de Seixos Albos, o primeiro das súas características de Galicia. En 1909 encetou as primeiras plantacións oficiais en Oia, Tui, A Guarda (no monte de Santa Trega), Baiona ou Ponteareas, malia contar cunha importante oposición veciñal pola diminución das zonas dedicadas ao pasto. As subministracións dende este viveiro forestal impulsaron a extensión dos piñeiros en Galicia.
En 1917 foi trasladado ao Distrito de Ourense-Lugo, continuando a súa angueira de promoción da repoboación mediante a creación de viveiros e casas forestais. Formou parte do comité organizador do Congreso Forestal Galego de 1920 para o que preparou unha Memoria Técnica que incorporaba o Plan Provincial para a Repoboación Forestal de Pontevedra. A partir de 1927 dirixiu a execución do mesmo a instancias da Deputación de Pontevedra, presidida por Daniel de la Sota.
Logo da Guerra Civil ocupou diversos cargos en Madrid e Valencia, sendo nomeado en 1945 Presidente de Sección do Consello Superior de Montes.
Rafael Areses salientou polo seu compromiso no estudo e a divulgación da riqueza forestal de Galicia. Promoveu repoboacións baseadas en especies de crecemento rápido e quendas de curta curtos, especialmente cos diversos tipos de piñeiros. Porén, a súa concepción dun monte cun espazo de desfrute público vinculado a un aproveitamento forestal e o desenvolvemento económico conseguinte, é unha idea moi próxima aos actuais conceptos de sostibilidade.
Finou en Pontevedra o 7 de decembro de 1953 aos 75 anos.Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 10-12-1953, p. 5.
Obras Proyecto para la repoblación de los montes públicos, 1926. Los incendios en los montes públicos, 1929. Historia de un Herbario, 1948. Recoñecementos
Ten dedicada unha rúa na cidade de Pontevedra, "Paseo Enxeñeiro Rafael Areses", que percorre a beira do río Lérez xunto ao Pazo da Cultura. Vida persoal
Casou con María Pérez Fernández-Hermida e foi pai de María de la Concepción, Rafael, Luis, Ramón, María Dolores, María del Rosario, María de los Ángeles e Josefina Areses Pérez. Notas
Véxase tamén Bibliografía Artigo de Jaime Solá na revista Vida Gallega do 15 de agosto de 1917. López Torre, R.: De la reforestación de Pontevedra. Pontevedra, 2009. Deputación Provincial. Ligazóns externas Rafael Areses Vidal: os comezos da repoboación forestal en Galicia artigo en CulturaGalega.org
Categoría:Enxeñeiros forestais Categoría:Nados en Tui Categoría:Nados en 1878 Categoría:Finados en 1953