Date (伊達市, だてし, Date-shi) é un concello da prefectura de Fukushima no Xapón. Está situado ao sur da rexión de Tōhoku e ao nordés da prefectura, e ao leste da illa de Honshū. A súa superficie é de 265,10 km², a poboación é de 66.612 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 251 h/km².
O concello de Date limita cos concellos de Kunimi, Kōri, Fukushima, Kawamata, Iitate, Sōma (que son da prefectura de Fukushima); de Shiroishi e Marumori (que son da prefectura de Miyagi).
Historia A cidade de Date foi fundada pola fusión de 5 concellos de vilas do distrito de Date (Date, Yanagawa, Hobara, Ryōzen e Tsukidate) no ano 2006.
Véxase tamén Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Date .
Categoría:Prefectura de Fukushima Categoría:Concellos do Xapón