O carrán ártico,carrán ártico en DiGalego. de nome científico Sterna paradisaea Pontoppidan, 1763, é unha ave mariña da familia dos estérnidos. Esta ave ten unha distribución circumpolar; cría en colonias no Ártico e en rexións subárticas de Europa, Asia e Norteamérica, (cun límite meridional na Bretaña ou Massachusetts). Esta especie é unha gran migradora, e vese sometida a dous veráns por ano cando migra dos seus terreos de cría boreais até os océanos próximos á Antártida, e durante o seu regreso (uns 38.600 km) cada ano. Trátase da migración regular máis longa de todos os animais coñecidos.

Os carráns árticos son aves de tamaño mediano. Miden entre 33 e 39 centímetros de longo e teñen unha envergadura de 76–85 cm. As súas plumas son principalmente grises e brancas, cunhas patas vermellas e un peteiro tamén vermello, tan longo coma a testa, recto, cunha unión pronunciada das ramas mandibulares; ten unha fronte branca, unha caluga e píleos negros con raias brancas, e unhas fazulas brancas. O manto gris mide 305 mm, e as escápulas son marróns, con algunhas puntas brancas. A parte superior das ás é gris co bordo de cor branca, e o pescozo é completamente branco, ao igual co lombo. A cola, notablemente bifurcada, é esbrancuxada con algunhas plumas grises á parte exterior. A parte posterior do píleo ata os orificios auditivos é negra.Hume, Rob (2002). Guía de campo de las aves de España y Europa. Ediciones Omega. ISBN 84-282-1317-8

Os carráns árticos son aves de gran lonxevidade e moitos chegan aos vinte anos de idade. Aliméntanse principalmente de peixes e pequenos invertebrados mariños. Esta especie é abondosa, e estímase que existe un millón de exemplares. Aínda cando, en xeral, non se coñece a evolución das súas poboacións, a explotación que sufriu no pasado reduciu a abondosidade deste ave especialmente con respecto á súa distribución nas zonas máis meridionais.

Distribución e migración

O carrán ártico ten unha distribución circumpolar e continua; non se recoñecen subespecies. Pódeselle atopar en rexións costeiras das partes temperás frías de Norteamérica e Eurasia durante o verán setentrional. Mentres inverna no verán meridional, pódeselle atopar no mar, chegando ao bordo sur do xeo antártico. A distribución da especie cobre unha superficie de aproximadamente dous millóns de km2.

O carrán ártico é célebre pola súa migración; voa dende a súa área de cría no Ártico até a Tierra del Fuego, e despois volta, unha vez ao ano.Martín Rodolfo de la Peña. Guía de aves argentinas (en español). Publicado por L.O.L.A., (1988); pág 157. Procedente e dixitilizado de Universidade de Texas. ISBN 950-9725-16-1</ref> Esta viaxe de 19.000 km por traxecto expón á ave a dous veráns por ano, polo tanto, a máis luz do día que calquera outra criatura do planeta. Un carrán ártico típico viaxará ao longo da súa vida unha distancia equivalente á de ir e volver da Lúa (uns 800.000 km). Un exemplo da grande capacidade de voo desta ave por cubrir longas distancias é o dun carrán ártico que foi anelado cando aínda non emplumara, nas illas Farne de Northumberland (Reino Unido) no verán de 1982, e que chegou a Melbourne (Australia), no mes de outubro do mesmo ano; unha viaxe sobre o mar de máis de 22.000 km só tres meses despois de emplumar. Outro exemplo é o dun pito anelado no Labrador (Canadá) o 23 de xullo del 1928. Foi atopado en Suráfrica catro meses máis tarde.

Os carráns árticos adoitan comezar a súa fazaña migratoria cando o día se torna máis curto en dirección ao círculo polar antártico onde os días se comezan a alongar,<ref>Annabelle Stockton de Dod, José Osorio, Laura Rathe de Cambiaso. Aves de la República Dominicana Publicado polo Museo Nacional de Historia Natural da Institución Smithsoniana, (1987); páx 127. Procedente e dixitalizado de Universidade de Texas voando a unha grande distancia da costa. Polo tanto, fóra da época de apareamento só raramente poden verse dende terra firme.Kenn Kaufman, Hector Gomez de Silva. GUIA de Campo Kaufman a las aves de Norte-america: A las aves norteamericanas (en español). Publicado por HMCo Field Guides, 2005; pág 88. ISBN 0-618-57424-7

Estado de conservación

En certos estados os carráns árticos son considerados especies ameazadas ou vulnerables. Tamén son unha das especies incluídas no AEWA. A especie entrou en declive a Nova Inglaterra a finais do século XIX debido á caza promovida pola industria téxtil.J.J. Hatch (2002). «Arctic Tern (Sterna paradisaea)». En A. Poole; & F. Gill. The Birds ofoff North America (Philadelphia, PAN.: The Birds ofoff North America). p. 707. Actualmente continúase explotando ao oeste de Groenlandia, onde a especie vén minguando en poboación dende a década de 1950.

Na zona máis meridional da súa área de distribución, as poboaciones de carrán ártico atópanse en regresión. Gran parte disto débese á falla de alimentos.Steve N.G. Howell; & Alvaro Jaramillo (2006). Jonathan Alderfer, ed. National Geographic Complete Birds of North America. National Geographic Society. pp. 272–73. ISBN 0-7922-4175-4. Malia isto, a distribución destes paxaros espállase por zonas moi afastadas, e non semella haber ningunha tendencia de mingua na poboación global.Kenn Kaufman. Lives ofoff North American birds. Houghton Mifflin. p. 260. ISBN 0-395-77017-3.

Dende o ano 1988, a Birdlife International catalogou a especie nun nivel de risco baixo, e estímas que a súa poboación mundial é de aproximadamente un millón de individuos.

Filatelia miniatura|Selo das Illas Feroe amosando dous exemplares adultos en voo. O carrán ártico aparece en selos de varios países e dependencias. Son exemplos de dependencias as illas Åland, Alderney e mailas illas Feroe. Entre os países, hai selos propios do Canadá, Finlandia, Islandia e Cuba.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Peter Harrison (1983). Seabirds. ISBN 0-7136-4626-8

Categoría:Estérnidos Categoría:Aves de Galicia Categoría:Aves do Ártico Categoría:Animais descritos en 1763