Slumdog Millionaire é un filme británico de 2008 dirixido por Danny Boyle, en colaboración con Loveleen Tandan, e escrito por Simon Beaufoy, adaptando a novela Q & A (2005) do escritor indio Vikas Swarup.
Os actores principais son Dev Patel e Freida Pinto. O filme, filmado na India, foi lanzado o 12 de decembro de 2008. Conta a historia dun mozo dos arrabaldes de Mumbai que aparece en Kaun Banega Crorepati, a versión india de Who Wants to Be a Millionaire?, superando as expectativas da xente, a pesar das sospeitas do presentador e dos policías.
Conseguiu catro premios nos Globos de Ouro e 8 Oscars de 2009.
Sinopse Jamal Malik (Dev Patel) é un adolescente pobre de Mumbai que participa na versión hindú do programa Quen quere ser millonario?. A piques de conseguir 20 millóns de rupias, que é o premio máximo do concurso, o rapaz é interrogado pola policía, que sospeita que está facendo trampas. Pero para cada unha das preguntas, Jamal ten unha resposta.
Personaxes miniatura|dereita|200px|Os protagonistas: Dev Patel e Freida Pinto. Dev Patel como Jamal Malik Ayush Mahesh Khedekar como Jamal de neno Tanay Chheda como Jamal de adolescente Freida Pinto como Latika Rubina Ali como Latika de nena Tanvi Ganesh Lonkar como Latika de adolescente Madhur Mittal como Salim Malik Azharuddin Mohammed Ismail como Salim de neno Ashutosh Lobo Gajiwala como Salim de adolescente Anil Kapoor como Prem Kumar, o presentador do concurso Irrfan Khan como o Inspector de Policía Saurabh Shukla como Srinivas Mahesh Manjrekar como Javed, o xefe do crime e principal antagonista Ankur Vikal como Maman Rajendranath Zutshi como o Produtor do programa Sanchita Choudhary como a Nai de Jamal Mia Drake Inderbitzin como Adele Shanjei Ramanathan como Neno mendigo
Galardóns e nomeamentos 2008: 8 Oscars: incluíndo mellor filme, director e guión adaptado. 10 nomeamentos. 2008: 4 Globos de Ouro: Mellor filme dramática, director, guión, banda sonora. 2008: 7 Premios BAFTA, incluíndo mellor filme. 11 nomeamentos. 2008: 3 premios National Board of Review, incluíndo filme do ano e guión adaptado. 2008: Festival de Toronto: Mellor filme. 2008: Premio Goya: Mellor filme europeo. 2008: Premios David di Donatello: Mellor filme da Unión Europea. 2008: Asociación de Críticos de Los Angeles: Mellor director e banda sonora.
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha na IMDb
Categoría:Filmes de 2008 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua hindi Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Danny Boyle Categoría:Filmes con banda sonora de A. R. Rahman Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Fox Searchlight Pictures Categoría:Filmes de Film4 Productions Categoría:Filmes de Pathé Categoría:Filmes rodados en Bombai Categoría:Filmes rodados na India Categoría:Filmes ambientados en 2006 Categoría:Filmes sobre orfos Categoría:Óscar ó mellor filme Categoría:Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director Categoría:Filmes gañadores do Óscar á mellor canción orixinal Categoría:Filmes de 2008 con versión en galego