Daniel Abalo Paulos, nado en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) o 29 de setembro de 1987, é un exfutbolista galego.
Traxectoria Chegou ao Celta procedente das categorías inferiores do Xuventú Cambados para xogar no equipo xuvenil A. Antes de rematar a tempada, o adestrador Rafa Sáez decidiu subir o xogador ao Celta B, no que Abalo axiña se fixo coa titularidade. O 3 de decembro de 2006 Fernando Vázquez fíxoo debutar co equipo absoluto na primeira división no estadio de Son Moix, fronte ao RCD Mallorca.
Na seguinte tempada continuou no Celta B, aínda que participou co primeiro equipo de forma esporádica. Por fin, na tempada 2008/09, ascendeu de xeito definitivo para xogar con eles na Segunda División. Debido, entre outras cousas, ao interese posto nel por outros equipos, o 23 de xullo de 2009 a directiva celeste decidiu blindalo cun novo contrato deica 2013 e unha cláusula de rescisión de 10 millóns de euros.
Na campaña 2010/11 partiu como suplente do xa veterano De Lucas, pero chegou a disputar 35 partidos (9 como titular e 26 como suplente), anotando 3 goles e dando 5 asistencias. Malia a súa calidade, a irregularidade de Abalo fixo que perdese continuidade no equipo e, na tempada 2011/12, a súa escasa participación na primeira volta levouno a aceptar unha oferta do Gimnàstic de Tarragona para marchar cedido ata o final de liga. Ao ano seguinte volveu repetir cesión, esta vez ao SC Beira-Mar portugués onde realizou moi bo papel, o que fixo que recibise varias ofertas para a tempada 2013/14. Finalmente rescindiu o seu contrato co Celta no verán de 2013 e fichou polo Ludogorets Razgrad, vixente campión da liga búlgara e que xogou a fase clasificatoria para a Champions League"Dani Abalo se desvincula del Celta", artigo en Marca, 26 de xuño de 2013 ..
Clubs AnoClubDivisiónPaísPartidosGoles2004-2005Xuventú CambadosPreferente Autonómica Galicia342005-2006Celta de Vigo BSegunda B Galicia1532006-2007Celta de Vigo BSegunda B Galicia343Celta de VigoPrimeira Galicia102007-2008Celta de Vigo BSegunda B Galicia3542007-2008Celta de VigoSegunda Galicia202008-2009Celta de VigoSegunda Galicia3522009-2010Celta de VigoSegunda Galicia2922010-2011Celta de VigoSegunda Galicia3532011-2012Celta de VigoSegunda Galicia40Gimnàstic de Tarragona (cedido)Segunda Cataluña17 02012-2013Celta de VigoPrimeira Galicia10SC Beira-Mar (cedido)Primeira Liga Portugal8822013-2014Ludogorets RazgradPrimeira División Bulgaria41102014-2015Ludogorets RazgradPrimeira División Bulgaria42112015-2016SivassporSüper Lig Turquía1312016Deportivo AlavésSegunda España702016-2017Korona KielceEkstraklasa de Polonia Polonia2112017-2018FC CartagenaSegunda B España1902018-2019FC CartagenaSegunda B España102018-2019UP LangreoSegunda B España3162019-2020Racing de FerrolSegunda B Galicia1502020-2021Racing de FerrolSegunda B Galicia1202021-2022Portonovo SDPreferente Autonómica Galicia
Campionatos nacionais TítuloClubPaísAnoLiga de BulgariaPFC Ludogorets Razgrad2014Liga de BulgariaPFC Ludogorets Razgrad2015Copa de BulgariaPFC Ludogorets Razgrad2014Supercopa de BulgariaPFC Ludogorets Razgrad2014Segunda DivisiónDeportivo Alavés2016Segunda División BFC Cartagena2018
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en www.celtavigo.net
Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Futbolistas de Vilagarcía de Arousa Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1987 Categoría:Xogadores do SC Beira-Mar Categoría:Xogadores do Juventud Cambados Categoría:Xogadores do Gimnàstic de Tarragona Categoría:Xogadores do PFC Ludogorets Razgrad Categoría:Xogadores do Sivasspor Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés Categoría:Fútbol de Galicia sen imaxes Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores do Korona Kielce Categoría:Xogadores do FC Cartagena Categoría:Xogadores do UP Langreo Categoría:Xogadores do Portonovo SD