Ryūgasaki (龍ケ崎市, りゅうがさきし, Ryūgasaki-shi) é un concello da prefectura de Ibaraki no Xapón. Está situado no centro da rexión de Kantō e ao suroeste da prefectura, na área da provincia histórica de Shimōsa, na parte leste da illa de Honshū. A súa superficie é de 78,20 km², a poboación é de 79.204 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 1.010 h/km².
O concello de Ryūgasaki limita cos concellos de Toride, Tsukubamirai, Tsukuba, Ushiku, Inashiki, Kawachi e Tone.
Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Ryūgasaki . Sitio web oficial da cidade de Ryūgasaki .
Categoría:Prefectura de Ibaraki Categoría:Concellos do Xapón