Virginia Maestro Díaz, nada o 29 de setembro de 1982Virginia: "Puedo defender Labuat donde sea, incluido en OT" Qué.es en Linares (Xaén), é unha cantante e cantautora andaluza. Deuse a coñecer no programa de televisión Operación Triunfo (2008). Arestora pertence ó grupo Labuat que ven sendo a voz cantante.
Biografía Virginia pasou a súa adolescencia entre Córdoba e Mairena del Aljarafe (Sevilla), cidade onde estudou Maxisterio musicalCumpleaños de Virginia Maestro BlueBBVA e na que foi Soprano do Coro da Universidade de Sevilla.Ficha de Virginia Maestro Operación Triunfo.com
Dende cativa toca a guitarra de xeito autodidacta despois de compó-la súa primeira canción ós 12 anos de idade. Desde os 15 anos participou como vocalista en diversas bandas: Fundación Virginia, Little Vicky & the Shout Band, 7Funk, The Flik Flak Duo e Boogie Flu. Os seus proxectos musicais ampliábanse coa participación en multitude de jam sessions de jazz e blues, compartindo escenario con bandas tales como Black Jack Bob & the New Deal ou Mingo & The Blues Intruders, esta última do que fora armonicista de Caledonia Blues Band, Mingo Balaguer.
O seu desexo de obter unha carreira discográficaEntrevista a Virginia Maestro (26/09/2008) -parte I- levoulle a se presentar ós castings da segunda e terceira edición de Operación Triunfo, así como ó que realizaba o grupo La Oreja de Van Gogh para elixir nova vocalista.Las teorías de Iván sobre Mimi 08-06-08 (youtube.com)
Operación Triunfo Deuse a coñecer como concursante na sexta edición de Operación Triunfo. O seu estilo senlleiro e timbre vocal atraeu a un amplo e enchente apoio do público.
Os seus primeiros éxitos de vendas chegaron namentres estaba dentro do programa, cando a súa versión do tema Creep de Radiohead chegou ó número 1 de iTunesVirginia arrasa en Itunes Corazón digital.com. Os temas My baby just cares for me e Moonlight Shadow tamén acadaron o primeiro posto na devandita lista. Outros cinco dos temas gravados por ela: Lovefool, Cómo hablar, Isla de palma, I love to love e I'll stand by you chegron os postos 2, 19, 22, 30, e 56, respectivamente.
O 22 de xullo do 2008 proclamouse gañadora do concurso co 55% dos votos, conseguindo deste xeito un contrato discográfico con Sony BMGVirginia gana la final de 'OT' El Periódico.com.
Labuat
O 5 de decembro de 2008 anunciouse o nome baixo o cal editaría o seu primeiro traballo discográfico. Así nacía Labuat, proxecto artístico que se define coma un "triángulo equilátero" composto por 3 vértices: The Pinker Tones, Risto Mejide e a propia Virginia Maestro. Presentouse oficialmente ós medios nunha rolda de prensa celebrada no Círculo de Bellas Artes de Madrid o 4 de febreiro do 2009Rueda de prensa de presentación de Labuat Telecinco.es. Froito deste proxecto é o seu álbum debut, de título homónimo, que foi publicado o 24 de febreiro do 2009 e debutou no posto número 2 das listas españolas.
Discografía Álbums de estudio Labuat (2009) Dulce Hogar (2011) "Night and Day" (2013) "BlueBird" (2015)
Sinxelos Soy tu aire (2009) De pequeño (2009) Carta de Otoño (2009) The Time Is Now (2011)
Videoclips Soy tu aire (2009) De pequeño (2009) The Time Is Now (2011)
Outros álbums Agua (álbum conxunto de OT 2008)“AGUA” EL DISCO DE OPERACIÓN TRIUNFO 2008 Vale Music.com
Filmografía
Muñecas (2010) — Curtametraxe xunto á actriz Victoria Vera. Late (2010) — Curtametraxe xunto á súa ex-compañeira Tania G. Day-57 (2010) — Película dirixida por James J. Wilson.
Premios e candidaturas Ano Categoría Premio Resultado 2009 Disco do ano de TVE Nomeada Revelación do ano Must! Awards Nomeada
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de Labuat Labuat en YouTube
Categoría:Cantantes de España Categoría:Concursantes de Operación Triunfo Categoría:Gañadores de Operación Triunfo Categoría:Nados en Linares, España Categoría:Nados en 1982