Patrick Bruce Metheny, nado o 12 de agosto de 1954 en Lee's Summit, Missouri, é un guitarrista e compositor de jazz estadounidense.
Traxectoria É un dos músicos de jazz de maior éxito de público e crítica. É o líder do Pat Metheny Group e tamén está involucrado en dúos, traballos en solitario e outros proxectos paralelos. O seu estilo incorpora elementos progresivos e de jazz contemporáneo, post-bop, latin jazz e jazz fusion.
Categoría:Guitarristas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1954 Categoría:Nados en Missouri Categoría:Compositores dos Estados Unidos de América Categoría:Guitarristas de jazz