O fieito real, fento real ou dentabrúnO nome dentabrún é o máis referenciado en Termos esenciais de botánica Santiago de Compostela, 2004; Vocabulario de ciencias naturais Santiago de Compostela, 1991; Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009. En portugués si se referencia o nome de feto real (Osmunda regalis L.) é unha especie de fieito nativo de Europa, África, Asia, América, que medra en illós e nas beiras dos ríos, en zonas húmidas e relativamente baixas (ata 1.000 metros). A especie é ás veces coñecida como fieito florecido por mor da aparencia das súas fértiles frondes. É o maior fento de Galiza.

É unha planta perennifolia herbácea, isospórea, que produce separadamente frondes fértiles (as máis internas) e outras non (as externas). As estériles expándense 60 a 160 cm de altura e 30 a 40 cm de ancho, son bipinnuladas, con 7-9 pares de pínnulas de 3 dm de longo, onde cada pínnula con 7-13 pares de pínnulas de 2,5-6,5 cm de longo e 1–2 cm de ancho. As frondes fértiles son erectas e máis curtas, 20 a 50 cm de altura, xeralmente con 2-3 pares de pínnulas estériles na base, e 7-14 pares de pínnulas fértiles debaixo do esporanxio, densamente pechadas en forma de panícula. A súa esporulación é entre abril e setembro.

O nome deriva por ser un dos máis grandes fieitos europeos. En moitas áreas, volveuse raro como resultado da drenaxe de terras pantanosas para agricultura.

Variedades Osmunda regalis var. regalis. Europa, África, Asia. Frondes estériles de 1,6 m de altura. Osmunda regalis var. panigrahiana R.D.Dixit. Sur de Asia (India). Osmunda regalis var. brasiliensis (Hook. & Grev.) Pic.Serm. Rexións tropicais de Centro e Suramérica; tratada como sinónimo da var. spectabilis por algúns autores. Osmunda regalis var. spectabilis (Willd.) A.Gray; este de Norteamérica. Frondes estériles de 1 m de altura.

Usos A raíz, como noutras especies de Osmunda, emprégase para producir "fibra de osmunda", material que se usa como soporte de crecemento de orquídeas cultivadas e outras plantas epífitas.

De acordo á mitoloxía eslava, os esporanxios, chamados "flores de Perun", teñen poderes máxicos, como darlles aos seus posuidores a habilidade de derrotar demos, cumprir desexos, destrabar segredos, entender a lingua das árbores. Con todo, coleccionar os esporanxios é un proceso dificultoso. Nas tradicións máis temperás, debíase buscar en noites de Kupala; máis tarde, despois do arribo da cristiandade, a data mudouse para Pascua. Pero sempre, a persoa que busca as flores de Perun debe permanecer dentro dun círculo debuxado ao redor da planta e quitar as tretas dos demos.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Hyde, H. A., Wade, A. E., & Harrison, S. G. (1978). Fieitos Welsh. National Museum of Wales. García, Xosé Ramón (2008). Guía das plantas de Galicia, Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9782-939-7

Ligazóns externas Germplasm Resources Information Network: Osmunda regalis Flora Europaea: Osmunda regalis Flora of North America: Osmunda regalis var. spectabilis World Fern List: Osmunda Florida Institute for Systematic Botany: Osmunda regalis var. spectabilis; inclúe a var. brasiliensis como sin.

Categoría:Fentos Categoría:Fentos de Galicia Categoría:Osmundaceae Categoría:Plantas descritas en 1753