En agricultura, pasto é calquera comestible con base vexetal empregado especificamente no lugar onde se medra a planta para a nutrición de gando, como o caso de vacas, ovellas ou porcos. miniatura|250px|dereita|Pasto de cebada O pasto por definición é de orixe vexetal, aínda que o produto inxerido polos animais pode ser un derivado procesado ao cal se engadiron minerais ou restos animais. Para acentuar a calidade nutritiva do pasto búscase unha natureza compensada entre leguminosas e gramíneas, de xeito que se produza unha complementación proteica.
Plantas formadoras de pastos Herba (como pasto fresco ou almacenado) Lolium Grama ou Cynodon Phleum pratense Danthonia Trigo Millo Soia miniatura|250px|dereita|Balas con pasto empaquetado Avea Alforfa Sorongo Trifolium ou trevos T. pratense T. repens T. subterraneum Millo Brassica Chau moellier B. oleracea ou col B. napus ou nabo B. napobrassica ou nabo B. rapa rapa Lotus corniculatus
Importancia ecolóxica A especie humana mudou a ecoloxía dos ecosistemas de media e alta montaña para xerar pastos aptos para a gandaría extensiva, sendo especialmente relevante a práctica de pastoreo selectivo para acentuar o crecemento das especies vexetais máis nutritivas; no caso do Pireneo aragonés, o pastoreo tradicional posibilitou a extensión de ricos pastos mixtos entre Trifolium alpinum e Nardus stricta
Véxase tamén Palla Forraxe Penso Bovinocultura
Categoría:Gandaría Categoría:Plantas forraxeiras Categoría:Pastos