O Leinster Rugby (en ) é un dos catro equipo profesionais provinciais de rugby da Illa de Irlanda. O club compite no Pro14 e na Copa de Campións Europea de Rugby, e é o equipo irlandés máis laureado tanto a nivel local como a nivel europeo, onde é o equipo con máis Champions Cup gañadas xunto co Toulouse. O equipo representa a Leinster na Irish Rugby Football Union (IRFU), sendo así o responsable do rugby na provincia.

O Leinster ten a súa en Dublín, capital da República de Irlanda, e disputra os seus encontros como local no RDS Arena, estadio con capacidade para 18.500 espectadores. Cando a capacidade do estadio non é suficiente, o equipo xoga algúns encontros no Aviva Stadium, recinto con capacidade para 51.700 seareiros. Antes de trasladarse ao RDS en 2005, o estadio local do Leinster era o Donnybrook Stadium. A cor principal do club é o azul, sendo o símbolo do equipo a arpa de Leinster, a cal figura na bandeira provincial. O Leinster converteuse en equipo profesional en 1995 á vez que o resto de equipo provinciais irlandeses: Connacht, Munster e Ulster. O equipo compiten no Pro14, antes coñecido como Celtic League e Pro12, desde a súa creación no ano 2001. Anteriormente competía no Campionato Interprovincial da IRFU.

Historia Primeiros anos O equipo de rugby representativo da provincia de Leinster existe dende a segunda metade do século XIX, e nos seus comezos adicouse a xogar encontros interproviciais fronte ós equipos das outras 3 provincias irlandesas, empregando ós mellores xogadores dos diversos clubs locais da provincia. O primeiro deses campionatos interprovinciais levouse a cabo en 1875, enfontándose a Munster e Ulster. Daquela, para un xogador, defender as cores da propia provincia comezou a significar o chanzo previo para representar á propia selección irlandesa no torneo das Home Nations, que naceu en 1883.

Profesionalismo Durante as seguintes décadas Leinster Rugby foi unha simple selección provincial que xogaba torneos interprovinciais de pouca relevancia, até que en 1995 a IRB tomou a decisión de converter ó rugby nun deporte profesional, e a IRFU tomou a decisión de que en Irlanda existirían só 4 equipos profesionais, os 4 que até entón eran as seleccións provinciais, é dicir: Connacht, Leinster, Munster e Ulster. Eses 4 equipos, convertidos en algo semellante a franquías deportivas profesionais, competiron por vez primeira na nova Copa de Europa de rugby (chamada Heineken Cup por razóns de patrocinio). Leinster Rugby amosou a súa competitividade xa dende a edición 1995-96 da Heineken Cup, acadando a rolda de semifinais, na que caeu fronte a Cardiff RFC. Nos seguintes 5 anos, Leinster Rugby non foi quen de superar a fase de grupos na máxima competición continental, caendo sempre eliminado antes das roldas de eliminatorias.

Nace a Celtic League

A tempada 2001-02 viu o nacemento dunha nova competición ligueira, a Celtic League, na que se enfrontarían os mellores equipos de Gales, Escocia e Irlanda. Iso supuxo que dende ese ano os 4 equipos provinciais irlandeses terían que ter un grupo de xogadores permanente para disputar a liga e maila competición europea, pasando de disputar 6 encontros por ano, a máis de 30. Nesa tempada Leinster Rugby fíxose co campionato na nova liga celta, por diante de Munster Rugby, e conseguiu clasificarse para cuartos de final na Heineken Cup, caendo fronte a Leicester Tigers.

Na tempada 2002-03 o equipo chegou de novo a semifinais na Heineken Cup, caendo nesta ocasión fronte ó equipo francés USAP. Na tempada 2003-04 caeu na fase de grupos. Na tempada 2004-05 caeu nos cuartos de final fronte a Leicester Tigers. Na tempada 2005-06 conseguiu o subcampionato na liga celta, e chegou ata a semifinais da Heineken Cup, pero caeu diante de Munster Rugby. O título europeo que acadou Munster ese ano, sumado ó que acadara Ulster en 1999, deixaba a Leinster Rugby como o único dos 3 grandes equipos irlandeses que non gañara a Copa de Europa de rugby.

Na tempada 2006-07 Leinster fracasou de novo ó caer nos cuartos de final da Heineken Cup. Na seguinte tempada, a 2007-08, o fracaso sería aínda maior na máxima competición europea, caendo na fase de grupos, pero na liga celta acadou o seu segundo título de campión, por diante dos Cardiff Blues.

Éxitos na Heineken Cup Para a tempada 2008-09 había no equipo unha mestura de grandes xogadores veteranos como Brian O'Driscoll e novas promesas como Jonathan Sexton, que comezaron a marcar unha época no equipo e no rugby europeo. Leinster Rugby fíxose coas Copas de Europa de rugby nas edicións 2008-09 (fronte a Leicester Tigers), 2010-11 (fronte a Northampton Saints) e 2011-12 (fronte a Ulster Rugby), caendo eliminado tan só na 2009-10 por Stade Toulousain. A eses éxitos súmanse os subcampionatos na Celtic League/Pro12 nas tempadas 2009-10, 2010-11 e 2011-12. No ano 2018 o equipo consegue a súa cuarta Champions Cup tras vencer ao Racing 92 na final por 15–12.

Elenco Os seguintes son os xogadores de Leinster para o Pro14 de 2019−20.

Equipo de Leinster (Pro14)Piliers Vakh Abdaladze Michael Bent Ed Byrne Peter Dooley Tadhg Furlong Cian Healy Andrew Porter

Talonadores Bryan Byrne Sean Cronin Rónan Kelleher James Tracy

Segunda liña Scott Fardy Ross Molony James Ryan Devin TonerTerceira liña Jack Conan Will Connors Max Deegan Caelan Doris Dan Leavy Josh Murphy Scott Penny Rhys Ruddock Josh Van Der Flier

Medios-melé Jamison Gibson-Park Luke McGrath Rowan Osborne Hugh O'Sullivan

Aperturas Ross Byrne Ciarán Frawley Jonathan Sexton (c)Centros Robbie Henshaw Conor O'Brien Jimmy O'Brien Rory O'Loughlin Garry Ringrose Joe Tomane

Ás Adam Byrne Barry Daly Dave Kearney Jordan Larmour James Lowe Fergus McFadden

Zagueiros Rob Kearney Hugo Keenan Cian Kelleher (c) Denota ao capitán e Grosa denota xogadores internacionais.

Xogadores destacados British and Irish Lions Os seguintes xogadores xogaron cos British and Irish Lions.

Internacionais Os seguintes son xogadores destacados de Leinster que foron internacionais con seleccións diferentes á irlandesa.

Capitáns Os seguintes son os capitáns de Connacht desde o comezo da era profesional. miniatura|Jonathan Sexton. Xogador Temporadas Kurt McQuilkin 1997–1998 Gabriel Fulcher 1998–1999 Liam Toland 1999–2001 Reggie Corrigan 2001–2005 Brian O'Driscoll 2005–2008 Leo Cullen 2008–2014 Jamie Heaslip 2014–2015 Kevin McLaughlin 2015 Isa Nacewa 2015–2018 Jonathan Sexton 2018–

Adestradores Os seguintes son os adestradores de Leinster desde o inicio da era profesional. thumb|Joe Schmidt (2010–2013). AdestradorAnos 1997/98 – 1999/003416018%% 2000/01 – 2002/034631312%% 2003/04301421446.7%46.7% 2004/05251717%% 2004/054202%% 2005/06 – 2009/1013488442%% 2010/11 – 2012/139977319%% 2013/14 – 2014/156140516%% 2015/16 – presente13499332%%

Palmarés European Rugby Champions Cup Campións (4): 2009, 2011, 2012, 2018 Subcampións (1): 2019 European Rugby Challenge Cup Campións (1): 2013 Pro14 Campións (6): 2002, 2008, 2013, 2014, 2018, 2019 Subcampións (5): 2006, 2010, 2011, 2012, 2016 Celtic Cup Campións (2): 2019, 2020 British and Irish Cup Campións (2): 2013, 2014 Subcampións (1): 2018 Irish Inter-Provincial Championship Campións (22): 1949, 1950, 1955, 1957, 1959, 1961, 1962, 1964, 1965, 1972, 1973, 1976, 1978, 1980, 1981, 1982, 1983, 1984, 1994, 1996, 1998, 2002

Encontros contra seleccións A seguinte é unha lista dos resultados de Leinster contra combinados nacionais e rexionais. Nos resultados, os puntos de Leinster aparecen sempre primeiro. DataOpoñenteLocalizaciónResultadoPuntuaciónNotas 17 de novembro de 1945 Lansdowne Road, Dublín Drew 10–10 Detalles da xira 27 de novembro de 1957 Lansdowne Road, Dublín Derrota 8–10 Programa do xogo 1 de febreiro de 1961 Lansdowne Road, Dublín Derrota 5–12 Programa do xogo 22 de xaneiro de 1964 Lansdowne Road, Dublín Derrota 3–11 Programa do xogo 7 de decembro de 1966 Lansdowne Road, Dublín Derrota 3–9 Programa do xogo 15 de novembro de 1972 Lansdowne Road, Dublín Derrota 9–17 Programa do xogo 15 de setembro de 1973 Lansdowne Road, Dublín Vitoria 30–9 Programa do xogo 13 de novembro de 1974 Lansdowne Road, Dublín Derrota 3–8 Programa do xogo 21 de outubro de 1978 Lansdowne Road, Dublín Derrota 13–24 30 de decembro de 1979 Donnybrook, Dublín Vitoria 26–10 100 aniversario 8 de outubro de 1980 Donnybrook, Dublín Vitoria 24–10 Programa do xogo 8 de novembro de 1989 Lansdowne Road, Dublín Derrota 9–36 Programa do xogo 17 de outubro de 1992 Lansdowne Road, Dublín Derrota 11–38 Programa do xogo 12 de novembro de 1994 Donnybrook, Dublín Vitoria 26-15 Programa do xogo 24 de agosto de 1999 Donnybrook, Dublín Derrota 22–51 Resumo do xogo 31 de agosto de 2008 Queensland Reds Donnybrook, Dublín Vitoria 48–19 Resumo do xogo 19 de agosto de 2011 Melbourne Rebels Donnybrook, Dublín Vitoria 14–13 Resumo do xogo 24 de agosto de 2019 Tim Hortons Field, Hamilton Vitoria 38–35 Resumo do xogo

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial de Leinster Rugby

Categoría:Equipos de rugby de Irlanda Categoría:Equipos do United Rugby Championship