miniatura|Escudo Sarmiento-Acuña. miniatura|240px|Diego Sarmiento de Acuña, o primeiro conde. O pazo do Conde de Gondomar, tamén chamado fortaleza de Gondomar, é unha fortificación de orixe medieval situada ao sur da vila de Gondomar. Está declarado Ben de Interese Cultural, e sitúase nunha fraga de árbores centenarias, rodeado por unha leira de 30 ha.
Historia Posiblemente foi fundado entre os séculos XIV e XV, sendo nesa época de tamaño moito máis reducido.
No século XVI a praza-forte consta como propiedade do corrixidor de Granada e capitán xeneral das illas Canarias, García de Sarmiento. En 1617 Filipe III concedeu ao seu primoxénito, Diego Sarmiento de Acuña, o título de Conde de Gondomar, por defender a costa do val Miñor dos ataques do pirata Francis Drake. Nesa época o conxunto foi obxecto de considerables modificacións e ampliacións.
En 1665 foi invadido polos exércitos portugueses, que no asalto destruíron gran parte das edificacións, sendo restaurado en estilo neoclásico.
Un incendio producido no século XVIII provocou o seu abandono até que no século XIX o condado de Gondomar se uniu por vía matrimonial ao ducado de Medinaceli, comezando as obras de restauración que continuaron até principios do século XX e deron lugar á actual edificación.
Características Consérvanse como elementos principais unha varanda “condal”, dous corpos laterais da muralla, varias escaleiras, o terrazo, portas ornamentadas e outros elementos defensivos menores, a maior parte deles de arquitectura neoclásica.
O edificio principal está distribuído en 3 andares. Ten unha capela acaroada do século XVII, de fachada con porta simple de arco de volta perfecta, e sobre esta un óculo que permite a iluminación do interior.
Orixinalmente tiña uns 3 km de muralla, conservándose só algúns vestixios e garitas.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Castelos de Galicia
Ligazóns externas Árbores senlleiras. O contorno das árbores e formacións, Consellería do Medio Rural. Información sobre o castelo, en www.agalicia.com .
Gondomar Gondomar Categoría:Gondomar Categoría:Bens de Interese Cultural da provincia de Pontevedra