Arturo Pérez-Reverte Gutiérrez, nado en Cartaxena o 25 de novembro de 1951, é un novelista e periodista español. Ocupa a cadeira da letra "T" na Real Academia Española, cargo para o que foi elixido o 23 de xaneiro de 2003 e do que tomou posesión o 12 de xuño.

Traxectoria Licenciado en Xornalismo, durante os tres primeiros anos da súa carreira cursou simultaneamente estudos de Ciencias Políticas. Exerceu como reporteiro de guerra durante 21 anos (1973-1994), primeiro formando parte de diario Pueblo, onde estivo doce anos, e logo para Televisión Española. En 1977 fundou co seu compañeiro Vicente Talón a revista Defensa, que saíu á venda en abril de 1978, e da que foi redactor xefe ata que os seus compromisos o obrigaron a deixar a editorial.

A principios dos anos 90 presentou na RNE o programa nocturno La Ley de la Calle, no que participaban personaxes de diversos ámbitos, e que foi clausurado polo director de RTVE Jordi García Candau. Entre 1993 e 1994 presentou, tamén en Televisión Española, o programa sobre a actualidade da crónica negra Código Uno, do que renegaría publicamente antes de presentar a súa dimisión. Tal como expuxo na súa obra Territorio Comanche despediuse da canle decepcionado pola falta de medios e pola politización da televisión.

Como correspondente de guerra cubriu conflitos armados en Chipre, Líbano, Eritrea, o Sáhara Occidental, as Illas Malvinas, O Salvador, Nicaragua, Chad, Libia, Sudán, Mozambique, Angola, o Golfo Pérsico, Croacia e Bosnia e Hercegovina entre outros.

Comezou a súa carreira de novelista en 1986 coa publicación de El maestro de esgrima, aínda que xa publicara con discreto éxito a novela curta El húsar. Dende 1991 é columnista no suplemento dominical El Semanal e en 1994 abandonou a súa profesión de reporteiro para dedicarse exclusivamente á literatura. As súas obras El maestro de esgrima, La tabla de Flandes e El club Dumas foron adaptadas ao cinema con grande éxito, esta última co título de The Ninth Gate, de Roman Polanski. En 2006 estreouse o filme Alatriste, baseado na súa colección de novelas de El capitán Alatriste, e en 2007 presentouse a película de La carta esférica.

Ingresou na Real Academia Español en xuño de 2003 para ocupar a cadeira da letra "T", vacante dende a morte do filólogo Manuel Alvar en 2001. O 18 de febreiro de 2004 foi investido como o primeiro doutor honoris causa da Universidade Politécnica de Cartaxena.

En maio de 2011, a Audiencia Provincial de Madrid condeou a Pérez-Reverte a pagar 80.000 euros ó cineasta Antonio González-Vigil, que demandou o novelista por plaxiar o guión da película Gitano, estreada no ano 2000. Pérez-Reverte, en desacordo con esta sentenza, recorreu ó Tribunal Supremo, que terá que decidir sobre este tema.

É coñecida a súa postura contraria a calquera tipo de nacionalismo. É amigo de Manuel Rivas, Pedro Feijoo e declarouse fan de Castelao.https://www.laopinioncoruna.es/coruna/2022/11/05/fuera-gallego-escribir-novelas-galicia-78149800.html

Literatura Viaxeiro, bibliófilo, navegante e estudoso da lendaria tradición heroica española, Pérez-Reverte comezou escribindo éxitos de vendas culturalistas, como La Tabla de Flandes, e xogou coa novela histórica e o suspense en obras como El maestro de esgrima ou El club Dumas. Porén, a súa amarga experiencia como reporteiro de guerra foise reflectindo paseniño na súa obra a partir de Territorio Comanche, expresándose a través de temas como a canseira do heroe, a aventura, a amizade, a viaxe como perigo, a morte como última viaxe, e a cultura e a memoria como única salvación que permite comprender a realidade, soportar a dor e coñecer a identidade da persoa e do mundo. A visión que o escritor ten da existencia en xeral é sombría. Aborrece o humanismo cristián e cre que a filosofía pagá ten unha visión máis exacta e cruel do mundo.

Obra literaria Narrativa El húsar (1986). El maestro de esgrima (1988). La tabla de Flandes (1990). El club Dumas (1993). La sombra del águila (1993). Territorio comanche (1994). Un asunto de honor (Cachito) (1995). La piel del tambor (1995). La carta esférica (2000). La Reina del Sur (2002). Cabo Trafalgar (2004). El pintor de batallas (2006). Un día de cólera (2007). Ojos azules (2009). El asedio (2010) Mi primer Arturo Pérez-Reverte. El pequeño Hoplita (2010) El tango de la Guardia Vieja (2012) El francotirador paciente (2013) Hombres buenos (2015) Falcó (2016) Eva (serie Falcó) (2017) Los perros duros no bailan (2018). Sabotaje (serie Falcó) (2018) Sidi (2019) La cueva del cíclope (2020) Línea de fuego (2020)

Colección "Las aventuras del capitán Alatriste" El capitán Alatriste (1996). Limpieza de sangre (1997). El sol de Breda (1998). El oro del rey (2000). El caballero del jubón amarillo (2003). Corsarios de Levante (2006). El puente de los Asesinos (2011)

Recompilacións de artigos de prensa Patente de corso (1998). Con ánimo de ofender (2001). No me cogeréis vivo (2005). Cuando éramos honrados mercenarios (2009). Los barcos se pierden en tierra (2011)

Outros Obra breve (1995) (relatos e artigos) Perros e hijos de perra (2014) La guerra civil contada a los jóvenes (2015) Una historia de España (2019)

Adaptacións e guións cinematográficos El maestro de esgrima, de Pedro Olea, (1992). Uncovered, de Jim McBride, (1994) (baseada na novella La tabla de Flandes). Cachito, de Enrique Urbizu, (1995) (baseada na novela Un asunto de honor (Cachito)). Territorio comanche, de Gerardo Herrero, (1997). Camino de Santiago, de Robert Young (1999), (serie de televisión, guión orixinal de Arturo Pérez-Reverte). The Ninth Door, de Roman Polanski (1999), (baseada na novela El club Dumas). Gitano, de Manuel Palacios, (2000) (guión orixinal de Arturo Pérez-Reverte). Alatriste, de Agustín Díaz Yanes, (2006) (baseada na serie de novelas do Capitán Alatriste). La carta esférica, de Imanol Uribe, (2007). Quart. El hombre de Roma, de Jacobo Rispa, (2007) (serie de televisión, baseada no personaxe protagonista de La Piel del Tambor). Queen of the South, de Jonathan Jakubowicz, (2009) (baseada na novela La Reina del Sur).

Premios e distincións Medalla Laureada do Cantón de Cartagena, outorgada polo Partido Cantonal de Cartagena (1993). . Premio Príncipe de Asturias de Comunicación pola súa cobertura para TVE da guerra da antiga Iugoslavia (1993). Premio Ondas 1993 da Radio Nacional de España polo programa La ley de la calle (1993). Premio Goya ó mellor guión adaptado por El maestro de esgrima (Francisco Prada, Antonio Larreta, Pedro Olea e Arturo Pérez-Reverte, 1993). Premio Palle Rosenkranz, outorgado pola Academia Criminolóxica de Dinamarca por El club Dumas (1994). Premio Jean Monnet de literatura europea por La piel del tambor (1997). Nomeado Cabaleiro da Orde das Artes e Letras de Francia polo presidente da República Francesa (1998). Esta distinción concédese para honrar a personalidades distinguidas no ámbito artístico ou literario. Premio Mediterráneo, outorgado en París, por La carta esférica (2001). Premio González-Ruano de xornalismo en 2003, polo seu artigo Una ventana a la guerra. Condecorado coa Gran Cruz ao Mérito Naval, a máis alta distinción outorgada pola Mariña a un civil, pola súa novela Cabo Trafalgar (2005). Medalla de Ouro de San Telmo da Fundación Letras do Mar (2006). Friameira de Prata do Ateneo de Córdoba (2009).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Sitio oficial Discurso de ingreso na Real Academia Española

Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Académicos da Real Academia Española Categoría:Nados en Cartaxena Categoría:Nados en 1951 Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Politécnica de Cartaxena Categoría:Correspondentes de guerra Categoría:Bibliófilos