DeMar Darnell DeRozan, nado o 7 de agosto de 1989 en Compton, California, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga nos Chicago Bulls da National Basketball Association (NBA). Con 2,01 metros de altura, xoga na posición de escolta.
Traxectoria deportiva Universidade Tras participar en 2008 no prestixioso McDonald's All American Team, no cal ademais logrou gañar o concurso de mates, xogou unha única tempada cos Trojans da Universidade do Sur de California, na que fixo 13,9 puntos e 5,7 rebotes por partido.DeMar DeRozan Stats, News, Photos - USC Trojans Foi elixido coma mellor xogador do torneo da Pacific-10 Conference, tras facer 19,8 puntos no mesmo, e estar incluído no mellor quinteto de novatos da conferencia. O 8 de abril de 2009 DeRozan anunciou que se declaraba elixible para o Draft da NBA, renunciando aos seus tres últimos anos de universidade.USC's DeRozan says he's entering NBA draft
Estatísticas Tempada Equipo P PTS REB AST ROUB TAP %TC %3P %TL MIN PER 2008-09 USC Trojans 35 13.9 5.7 1.5 0.9 0.4 .523 .167 .646 33.4 2.1Total: 35 13.9 5.7 1.5 0.9 0.4 .523 .167 .646 33.4 2.1
NBA DeRozan foi escollido polos Toronto Raptors no Draft da NBA de 2009 no posto número nove da primeira rolda. O 9 de xullo de 2009, asinou o seu contrato de rookie cos Raptors.
O 18 de xullo de 2018, DeRozan foi traspasado xunto a Jakob Pöltl e unha elección da primeira rolda do Draft de 2019 ós San Antonio Spurs, a cambio de Kawhi Leonard e Danny Green.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas de DeMar DeRozan Ficha de DeRozan en Basketpedya.com
Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Compton, Estados Unidos Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos dos Estados Unidos de América Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores dos San Antonio Spurs Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas olímpicos en baloncesto