Sao ( ou en grego Σαώ) é un satélite irregular de Neptuno con movemento directo. Foi descuberto por Matthew J. Holman e o seu equipo. o 14 de agosto do 2002.M. Holman, JJ Kavelaars, B. Gladman, T. Grav, W. Fraser, D. Milisavljevic, P. Nicholson, J. Burns, V. Carruba, J.-M. Petit, P. Rousselot, O. Mousis, B. Marsden; R. Jacobson; Discovery of five irregular moons of Neptune, Nature, 430 (2004), pp. 865-867. Final preprint(pdf) miniatura|esquerda|300px|Satélites irregulares de Neptuno. Sao orbita Neptuno a unha distancia aproximada de 22,4 millóns de kms e ten un diámetro de 44 kms (asumindo un albedo do 0,04).S. Sheppard, D. Jewitt e J. Kleyna A Survey for "Normal" Irregular Satellites Around Neptune: Limits to Completeness, The Astronomical Journal, 132 (2006), pp. 171–176. Preprint.

Sao ten unha órbita excepcionalmente inclinada e moderadamente excéntrica, tal coma ilustra o diagrama e relación a outros satélites irregulares de Neptuno. Os satélites arriba do eixo horizontal son de movemento directo, e os satélites por debaixo do eixo son retrógrados. Os segmentos amarelos esténdense dende o pericentro ó apocentro, amosando a excentricidade; fágase notar a acusadisima excentricidade de Neso e Psámate, máis se a comparamos coa de Sao.

O satélite está nunha comunmente chamada resonancia Kozai, p.e. a súa inclinación e excentricidade van parellas (a inclinación da órbita decrece cando a excentricidade aumenta e viceversa).

Sao, ou Neptuno XI, coma a meirande parte dos satélites máis externos de Neptuno, recibiu un dos nomes das Nereidas; Sao foi asociada a navegación e era alcumada a "Rescatadora" ou "Salvadora". Antes de recibi-lo seu nome oficial o 3 de febreiro do 2007 (IAUC 8802), Sao tiña o nome asignado provisionalmente de S/2002 N 2.

Notas

Efemérides da UAI Principais parámetros orbitais dos satélites do Sistema Solar no JPL

Véxase tamén

Outros artigos

Neptuno

Ligazóns externas

Matthew Holman's Neptune's page David Jewitt's pages Scott Sheppard's pages

Categoría:Lúas de Neptuno