Isidoro Bugallal Araújo, nado en Ponteareas o 3 de setembro de 1854 e finado en Madrid o 14 de abril de 1914, foi un avogado, político e escritor galego.

Traxectoria Fillo de José Ramón Bugallal e neto do xornalista Isidoro Araújo de Lira. Estudou o bacharelato en Pontevedra e licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1883 trasladouse a Madrid e ingresou no corpo de Rexistradores da Propiedade.

Foi deputado provincial, foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Ponteareas nas eleccións de 1903, 1905, 1907 e 1910 e polo distrito de Ourense nas eleccións de 1914. Colaborou en Faro de Vigo, La Correspondencia Gallega e El Universo e foi elixido académico correspondente da Real Academia Galega.

miniatura|Placa en Ponteareas. Grazas a súa xenerosidade construíuse o edificio das Escolas Graduadas de Ponteareas, que ocupou o Museo Municipal e agora ocupa o Conservatorio Municipal.

Vida persoal Casou en primeiras nupcias con María Pérez de Castro Martínez, filla de Evaristo Pérez de Castro Brito, e foi pai de Javier Bugallal Pérez de Castro. María faleceu en 1892 e Isidro casou en segundas nupcias con Pilar Marchesi Buhigas (1894); deste matrimonio tivo como fillo ao xornalista José Luis Bugallal Marchesi.

Obras Dos semblanzas de Cánovas, 1898. Suiza española. Paseando por Galicia, 1903. Notas políticas. Antes y después del Desastre, 1908.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Gabino Bugallal

Categoría:Avogados de Ponteareas Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en Ponteareas Categoría:Nados en 1854 Categoría:Finados en 1914 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega