Unha partícula describe algo moi pequeno. Tecnicamente pode referirse a:
En Química, unha partícula pode ser: unha partícula (parte moi pequena de materia) dun corpo, a menor porción de materia dese corpo que conserva as súas propiedades químicas. Poden ser átomos, ións, moléculas ou pequenos grupos das anteriores especies químicas. En Física e Química unha partícula subatómica, constituínte da materia que, á súa vez, pode ser: unha partícula elemental unha partícula composta cada un dos compoñentes da fase dispersa dunha suspensión coloidal. as partículas alfa e beta producidas nas desintegracións radiaoctivas. En Física, unha partícula puntual, a abstracción dun corpo dotado de masa, ou unha parte del, concentrada idealmente nun punto, e agrupadas ás veces formando un sistema de partículas. En Lingüística, unha partícula gramatical, concepto lingüístico en desuso para certos morfemas. Na linguaxe corrente, unha partícula de po.