Benjamin Lee Whorf, nado en Winthrop (Massachusetts) o 24 de abril de 1897 e finado en Wethersfield (Connecticut) o 26 de xullo de 1941, foi un lingüista estadounidense, pupilo de Edward Sapir, de quen tomaría a hipótese etnolingüística para levala ao que actualmente se coñece como a hipótese de Sapir-Whorf, unha teoría do relativismo lingüístico.

Traxectoria Benjamin Whorf estudou química no MIT e despois iniciou unha carreira de inspector de incendio para compañías de seguranza. Interesouse polos estudos lingüísticos bastante tarde na súa vida, seguindo os cursos de E. Sapir a partir de 1928, e logo foi asistente de Sapir na Universidade Yale (1937-1938).

Investiga as linguas amerindias dos Estados Unidos e de México. Publica unha gramática da lingua hopi (estivera vivindo con eles en 1932), diversos estudos sobre os dialectos náhuatl, sobre a escrita xeroglífica maia, e o primeiro intento de reconstrución do utoasteca. Publica ademais a partir de 1936 un bo número de artigos en revistas de lingüística que trataban da hipótese Sapir-Whorf, das maneiras en que ao seu parecer os diversos sistemas lingüísticos afecten os sistemas de pensamento e os costumes de comportamento dos usuarios das linguas.

Morreu en 1941 e os seus textos, algúns entón aínda inéditos, foron reunidos nun volume, que apareceu en 1956 co título Language, Thought and Reality.

Categoría:Lingüistas dos Estados Unidos de América Categoría:Lingüistas de linguas indíxenas de América do Norte Categoría:Lingüistas das linguas azteca-tañoanas Categoría:Académicos da tradución Categoría:Alumnos do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1941 Categoría:Nados en Massachusetts