Sabarís é un lugar da parroquia de Santa Cristina da Ramallosa no concello pontevedrés de Baiona. No ano 2013 tiña 387 habitantes (185 homes e 202 mulleres).
Toponimia Segundo Elixio Rivas Quintas, o topónimo Sabarís é de orixe xermánica, a través de (Villa) Sabaricii. Sabaricii deriva de Sabaria (lugar) + ric ou rik (xefe) + o xenitivo -ii (pertencente a); o significado de Villa Sabaricii era "Vila do Xefe de Sabaria". A rexión de Sabaria estaba situada entre as actuais provincias de Zamora e Valladolid. No ano 573 o rei visigodo Leovixildo conquistou a zona aos suevos, que se refuxiaron noutras áreas do Reino de Galicia.
Segundo José de Santiago y Gómezde Santiago Gómez, José (1896): Historia de Vigo y su comarca. a orixe toponímica de Sabarís é anterior á ocupación sueva e relaciónase coas poboacións gregas que xunto ás autóctonas celtas fundaron colonias nas costas occidentais de GaliciaLucas Vidal Rouco. Desenvolvimiento urbano de Sabarís. Lic. Arquitectura, Escuela Superior Gallaecia. V.N. Cerveira, 2004. Segundo este autor, os focenses, que foron os que máis exploraron as costas da península, deron o nome de Sabarís a un lugar inmediato a Adobriga (Baiona), derivado de Sybaris, colonia grega da costa do mar Mediterráneo, pola fertilidade do Val Miñor e a semellanza á cidade de Lucania, que deu nome aos sibaritas, e trala destrución da cal os seus moradores fundaron varias colonias na Península Itálica e a Península Ibérica.
Feira En Sabarís celébrase un importante mercado todos os luns. Aínda que xa hai constancia de que no século XV había un mercado no lugar grazas á súa situación estratéxica no Val de Miñor, as primeiras referencias de se celebrar nos luns datan de 1736. A autorización oficial é de 1838.
Galería de imaxes
Notas
Lugares e parroquias Lugares de Santa Cristina da Ramallosa
Parroquias de Baiona
Categoría:Lugares de Baiona Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía