Mikel Azurmendi Inchausti, nado en Donostia o 11 de decembro de 1942 e finado na mesma cidade o 6 de agosto de 2021, foi un antropólogo, escritor, tradutor e profesor universitario vasco.

Biografía Naceu en San Sebastián en 1942. Foi militante de ETA durante os anos 60, abandonando a organización tras ser derrotada a súa alternativa de deixar a violencia e transformarse nun partido obreiro. Licenciado en Filosofía pola Universidade da Sorbona de París, foi profesor desta Universidade durante os anos de seu exilio. Tralo seu regreso a España postulouse en contra da Constitución e o Estatuto de Autonomía do País Vasco por considerar “que había forza para esixir máis”. Tamén é doutor en Filosofía pola Universidade do País Vasco.

Co segundo goberno de Aznar foi presidente do Foro Social para a Integración dos inmigrantes; como tamén traballou no Instituto Cervantes da cidade marroquí de Tánxer.

Foi o primeiro portavoz do Foro de Ermua e fundador de ¡Basta Ya!. Estivo ameazado de morte por ETA e tras dous intentos de atentado abandonou temporalmente a súa praza de profesor de antropoloxía na Universidade do País Vasco, emigrando a Estados Unidos. No 2002 foi un dos 42 profesores da UPV que asinaron un manifesto denunciando que nesta universidade actuaba unha «rede mafiosa que apoia, xustifica e explota o terrorismo no seu propio beneficio, sen que a súa colaboración con ETA fose perseguida como se debera».Profesores vascos denuncian que a mafia que apoia a ETA actúa impunemente, El Mundo, 28 de febreiro de 2002.

Foi Premio Hellman/Hammet no 2000, nomeado por Human Rights Watch, e tamén IV Premio á Convivencia no 2001, pola Fundación Miguel Ángel Blanco.

Obra Todos somos nosotros (Taurus Pensamiento, 2002) Estampas de El Ejido (Taurus Pensamiento, 2001) Y se limpie aquella tierra (Taurus Pensamiento, 2001) La herida patriótica (Taurus Pensamiento, 2000) Nombrar, embrujar (Alberdania, 1993)

Artigos de revistas La España inmigrada Savater te lleva de viaje Diez tesis sobre el multicultaralismo Los derechos y la integración social de los inmigrantes en Europa Cultura, desarrollo, inmigración: Notas para un debate sobre las relaciones con el Magreb Repercusiones de la inmigración en España Inmigración e identidad ciudadana Migraciones, cultura democrática y multiculturalismo Qué fue a hacer estampas en El Ejido Inmigración y conflicto en El Ejido De la totalidad del totalitarismo, ¿hay razones para calificar hoy de fascista al nacionalismo vasco? La resacralización del nacionalismo vasco Pío Baroja, literatura y construcción de sí mismo como paisaje moral Vasco que, para serlo, necesita enemigo Vive memor! no olvides Etnicidad y violencia en el suelo vasco Homo Homini lupus: la guerra en la literatura antropológica

Colaboracións en obras colectivas Diferencia y derecho a la diferencia: la igualdad como solidaridad Migraciones y cultura democrática Unas Propuestas de Integración Social de los Inmigrantes La brujería como aquelarre Etnicidad y violencia en el suelo vasco Mito y realidad en la novela contemporánea Traducións Jende ona nekez da aurkitzen; Flannery O'Connor (1985, Baroja) Ihauterietako erokeriak; Pio Baroja (1986, Baroja)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista a Mikel Azurmendi Obra de Mikel Azurmendi Del multiculturalismo como "gangrena" de la sociedad democrática, recensión de Miguel Ángel Quintana Paz sobre o libro de Mikel Azurmendi Todos somos nosotros.

Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores do País Vasco Categoría:Tradutores de España Categoría:Tradutores do castelán Categoría:Nados en Donostia Categoría:Nados en 1942 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Tradutores ao éuscaro Categoría:Antropólogos de España Categoría:Filósofos do País Vasco