Mancegar é unha aldea do concello de Antas de Ulla, situado entre as parroquias de Alvidrón e Vilapoupre. Segundo o censo de poboación do IGE en 2014 tiña once veciños (seis homes e cinco mulleres), dezanove menos ca en 2004
Toponimia
A aldea distribúese ao longo dun camiño. A chamada Aldea de Riba pertence a Alvidrón e a Aldea de Baixo á de Vilapoupre. O topónimo Mancegar é de orixe descoñecida.
Economía
A poboación dedícase á gandería de carne, prevalecendo a raza vacún rubia galega.
Lugares e parroquias Lugares de Alvidrón
Lugares de Vilapoupre
Parroquias de Antas de Ulla
Categoría:Lugares de Antas de Ulla Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía Categoría:Lugares divididos entre dúas parroquias