Hora punta (en ) é un filme de 1998 de acción dirixido por Brett Ratner e que ten como protagonistas a Jackie Chan e a Chris Tucker. Estreouse en galego na TVG o 29 de outubro de 2011.
Sinopse Un grupo de mafiosos comandados por Juntao (Tom Wilkinson) tentan contrabandear pezas importantes da cultura chinesa, mais non o dan conseguido grazas ao inspector Lee (Jackie Chan) en Hong Kong. O cónsul Han (Tzi Ma), un vello amigo de Lee, mudarase a vivir aos Ánxeles para traballar de diplomático. Alí, Juntao planea unha vinganza e secuestra a filla do cónsul, e este, que non confía totalmente no FBI, chama o inspector Lee para axudar na misión de rescatar a súa filla. A policía dos Ánxeles non cren que o detective Lee lles vaia axudar en nada, polo que o poñen ao cargo dun detective medio rebelde e panoco, James Carter (Chris Tucker). Despois de descubrir as intencións do FBI de arredalos da investigación, James e Lee póñense a buscar seriamente á cativa secuestrada.
Secuelas Unha secuela, Hora punta 2, foi feita no 2001, principalmente ambientada en Hong Kong. Unha terceira película, Hora punta 3, estreouse no 2007, a cal se ambientou principalmente en París.
Falouse de facer unha cuarta película ambienta en Moscova.
Notas
Categoría:Filmes de 1998 Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dirixidos por Brett Ratner Categoría:Filmes de New Line Cinema Categoría:Filmes sobre secuestros Categoría:Filmes ambientados en 1997 Categoría:Filmes ambientados en Hong Kong Categoría:Filmes de 1998 con versión en galego