Nepociano foi rei de Galicia entre os últimos meses do ano 842 e comezos de 843, ao suceder efemeramente a Afonso II, pois foi destronado por Ramiro I.

Traxectoria Foi un comes palatii (conde de palacio) na corte do rei Afonso II en Oviedo. É citado nas crónicas como cognatus regis (cuñado do rei) ou en calquera caso, parente do rei, probablemente por vía materna xa que Afonso II tiña ascendencia materna vasca, e foron precisamente vascos e ástures os principais valedores da causa de Nepociano.José Antonio Escudero (ed.), Javier Alvarado Planas, José Mª de Francisco Olmos (2008) El Rey. Historia de la Monarquía. Vol 1. Ed. Planeta. ISBN 978-84-08-07696-4. pp. 24.

Á morte do rei Afonso II, e aproveitando a ausencia de Ramiro I, que segundo as crónicas afonsinas fora nomeado sucesor por Afonso II,Sánchez Albornoz, Claudio. Orígenes de la Nación Española. El Reino de Asturias. Capítulo VI: Tras cuarenta años de paz interior. ocupou o trono. Reuniu as súas tropas compostas por asturianos e vascónsMartínez Diez, Gonzalo. El Condado de Castilla (711-1065). La Historia frente a la leyenda. Valladolid, Junta de Castilla y León, 2004. ISBN 84-9718-275-8 volume 1, páxina 219 e tratou de opoñer ao exército galego encabezado por Ramiro I. A batalla da Ponte de Corniana tivo lugar xunto ao río Narcea, pero o exército de Nepociano finalmente foi derrotado.

Segundo as crónicas posteriores, Nepociano foi capturado, cegado e encerrado nun convento de localización descoñecida.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Lista de reis de Galicia Lista de reis de Asturias

Categoría:Reis de Asturias Categoría:Reis de Galicia