Black Flag foi unha banda de hardcore punk formada en 1976 no sur de California. Está considerada a primeira banda de hardcore punk. Foi co-fundada por Greg Ginn, guitarrista, principal compositor e único membro que estivo na banda durante toda a súa traxectoria.
O son de Black Flag mesturaba a simplicidade crúa dos Ramones con solos de guitarra atonais e frecuentes cambios de tempo. As letras, compostas principalmente por Ginn, e ao igual que noutras bandas de punk rock de finais dos 70 e principios dos 80, tiñan unha mensaxe anti-autoritario e inconformista, con cancións que falaban do illamento social, a neurose, a pobreza ou a paranoia.
Membros Keith Morris (voz 1976-1979) Chavo Pederast (voz 1979-1980) Dez Cadena (voz 1980-1981, guitarra 1981-1983) Henry Rollins (voz 1981-1986) Greg Ginn (guitarra 1976-1986) Spot (baixo 1976-1977) Chuck Dukowski (baixo 1977-1983) Kira Roessler (baixo 1983-1985) C'el Revuelta (baixo 1985-1986) Brian Migdol (batería 1977-1979) ROBO (batería 1979-1981) Bill Stevenson (batería 1981-1982, 1982-1985) Emil Johnson (batería 1982) Chuck Biscuits (batería 1982) Anthony Martínez (batería 1985-1986)
Discografía Álbum Ano Selo Damaged 1981 SST Records My War 1984 SST Records Family Man 1984 SST Records Slip It In 1984 SST Records Loose Nut 1985 SST Records In My Head 1985 SST Records What The... 2013 SST Records
Categoría:Grupos musicais de hardcore punk Categoría:Grupos musicais do condado dos Ánxeles