miniatura|O unto é un compoñente típico do caldo galego O caldo galego é un caldo típico da gastronomía de Galicia.
Ingredientes e elaboración Os seus principais ingredientes son os grelos, verzas ou repolo xunto con patacas, unto ou graxa de porco, para dar substancia, fabas e ocasionalmente algún ingrediente máis, como chourizo, lacón ou touciño entrefebrado cocido.
Sérvese moi quente, decote como primeiro prato.
O caldo na cultura popular galega Ditos O que non quer caldo, sete cuncas!, Dise daquel que estaba amargado por un contratempo ou unha desgraza e lle ocorren varios. Tan honrado é o caldo com'as castañas - Tan malo é un coma outroJosé María Pereda Álvarez (1953): Aportaciones léxicas y folklóricas al estudio de la lengua gallega, en Douro Litoral (5ª série, VII-VIII, pp. 19-52).
Cantigas Ei vén teu pai,ei vén túa nai
ei vén teu avó,que nunca foi bo
caldiño poucoe verciñas catro
sabell-o pancomá lingua dun gato.
Miña sogra morrèose ontedeixoume o caldo na ola,
vamonos comendo o caldo
quen se morreo, que se morraJuan Sobreira Salgado (1792-1797): Papeletas de un diccionario gallego, ed. de J. L. Pensado Tomé (Instituto de Estudios Orensanos, Ourense 1979).
Refráns Bebe dispois do caldo, e manda o médico ao diaño. Bebe dispois do caldo, e rite do cirurxiano. Caldo de galiña é p'ró enfermo a millor meiciña. Caldo de tripas, moito repenicas. Caldo e sacramentos, p'ra quen os pida. Caldo sen graxa, pan sen tasa. Caldo sen pan dáselle ao can. Canto máis caldo, máis sopas. Custa máis o caldo que as talladas. De caldo requentado e vento de burato, gárdate coma do diaño. Do bo caldo, pouco; do malo, ningún. Fixo a vella un caldo de grelos e chupouse os dedos. O caldo, ben cocido e ben repousado. O caldo das paridas, non lle fai mal ás preñadas. O caldo de galiña, a ninguén prexudica. O caldo, engrolado, p'ros porcos é un bo bocado. O caldo, en quente; a inxuria, en frío. O caldo quenta o corpo. O que dispois do caldo non bebe, non sabe o que perde. O que no caldo bota viño, de vello faise mociño. Se bebes co caldo, non darás moita avinza ao cirurxiano. Se bebes despois do caldo, podes facerlle a figa ao cirurxiano. Se queres ter ao teu home gordiño dispois do caldo dálle un gotiño sempre que sexa de viño. Todo sexa craro'', menos o caldoEladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, VigoEligio Rivas Quintas (1988): Frampas, contribución al diccionario gallego, Alvarellos, Lugo.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Caldo de castañas
Caldo de Gloria
Ligazóns externas Receita do caldo galego
Categoría:Sopas Categoría:Gastronomía de Galicia Categoría:Pratos de carne Categoría:Pratos de legumes Categoría:Gastronomía do Entroido