Ofelia é unha lúa de Urano. Foi descuberta a partir de imaxes tomadas pola sonda espacial Voyager 2 o 20 de xaneiro de 1986 e recibiu a designación temporal de S/1986 U 8. Non volveu ser vista ata que foi recuperada polo Telescopio Espacial Hubble no 2003. Ofelia recibiría máis tarde o nome da filla de Polonius, personaxe que aparece na obra de William Shakespeare, Hamlet. Tamén é coñecida coma Urano VII.
Por desgraza, a parte da súa órbita, o seu raio de 21 kms e ó seu albedo xeométrico de 0,08, pouco máis se sabe deste astro. As imaxes da Voyager 2 amosan a Ofelia coma un obxecto alargado co seu eixo maior apuntado cara Urano. A taxa de relación entre os eixos de Ofelia é de 0,7 ± 0,3, o que lle outorga unha forma elipsoidal.
Ofelia actúa coma lúa pastor exterior do anel Epsilon. A órbita de Ofelia está dentro do raio das órbitas sincrónicas de Urano, polo cal está nun lento proceso de caída cara ao planeta debido o efecto das mareas gravitatorias.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ophelia Profile by NASA's Solar System Exploration Uranus' Known Satellites (by Scott S. Sheppard)
Categoría:Lúas de Urano