Sauber Motorsport AG é unha empresa de enxeñería suíza de deporte de motor. Fundado en 1970 (como PP Sauber AG) por Peter Sauber, evolucionou das subidas de montaña á World Sports Car Championship ata chegar á Fórmula 1 en 1993. Sauber operou co seu propio nome desde ata e desde ata . Participaron como BMW Sauber desde ata e como Alfa Romeo F1 Team de a nun acordo de colaboración con BMW e Alfa Romeo respectivamente. Sauber correrá como Stake F1 Team durante as tempadas e , e será o equipo de fábrica de Audi a partir de .
Logo de non gañar ningún Gran Premio como independente, o equipo vendeuse a BMW en , e competiu como BMW Sauber de a , quedando segundo en 2007 e terceiro en 2008 no Campionato de Construtores, e anotando a súa única vitoria no Gran Premio do Canadá de 2008. Ao final da tempada 2009, pouco exitosa, BMW retirouse da Fórmula Un e o futuro do equipo permaneceu incerto durante varios meses, ata que vendeuse de novo a Peter Sauber e logrou unha participación para . Con todo, debido ao Acordo da Concordia, o equipo permaneceu como "BMW Sauber" para a tempada . En marzo de 2010, Peter Sauber anunciou os seus plans para cambiar o nome do equipo durante a tempada, pero a FIA anunciou que tería que esperar ata o final da tempada para cambiar o seu nome. Ao comezo da tempada de Fórmula 1 de , o equipo retirou BMW do seu nome.
Ata mediados de 2016, Peter Sauber tiña unha participación de control do 66,6% no equipo, e o resto pertecía á entón CEO Monisha Kaltenborn, ela foi a figura líder do equipo desde a retirada de BMW. O equipo vendeuse durante a tempada á firma de investimento suíza Longbow Finance S.A, e Pascal Picci asumiu o papel de Peter Sauber como presidente do consello e presidente. Kaltenborn permaneceu como director do equipo e CEO de Sauber.
En 2018, o equipo asinou un acordo de patrocinio principal con Alfa Romeo, e Sauber correu como Alfa Romeo Racing e máis tarde como Alfa Romeo F1 Team ata . Audi AG comprou o equipo en 2024 coa intención de transformar Sauber no equipo de fabrica de Audi para 2026. Nas súas dúas últimas tempadas, o equipo competiu como Stake F1 Team Kick Sauber ou Kick Sauber baseándose nas leis locais de patrocinio de xogos de azar..
Automóbiles deportivos Peter Sauber comezou a construír coches deportivos na década de 1970. Logo de usar os motores turbocharged V8 de Mercedes nos anos 80, o seu equipo converteuse no equipo oficial da fábrica de Mercedes-Benz, revivindo a lenda das frechas de prata. Gañaron as 24 Horas de Le Mans e o Campionato Mundial de Sports Prototipos de 1989 e 1990, competindo contra Jaguar e Porsche. Entre outros, pilotos como Heinz-Harald Frentzen, Michael Schumacher, Karl Wendlinger, Jochen Mass, Jean-Louis Schlesser e Mauro Baldi correron para Sauber.
miniatura|left|Sauber/Mercedes C9 (#63) gañador das 24 Horas de Le Mans de 1989.
Sauber participou noutras series de carreiras antes da súa participación na Fórmula Un, incluíndo o Campionato de Sportscar de Suíza e o Campionato do Mundo de Sportscar. O primeiro coche de Sauber, o C1, construíuse en 1970. Sauber, en sociedade con Mercedes, gañou a carreira das 24 horas de Le Mans en 1989 e o Campionato de Sports Prototipos en 1989 e 1990 co Sauber C9 e Mercedes-Benz C11, respectivamente.
Sauber tamén construíu unha versión do Grupo 5 do BMW M1
Fórmula Un
Inicios con Mercedes e Cosworth (1993 - 1996) Sauber comezou a competir con motores Mercedes durante as tempadas e , pero despois de que Mercedes mercara parte de McLaren deixáronlles de proporcionar motores e Sauber chegou a un acordo para montar motores Cosworth durante as tempadas e .
Sauber con Ferrari (1997 - 2004) O equipo mantiña estreitos vínculos con Ferrari, de xeito que moitos o consideraban un "terreo de probas" da escudería italiana. Sauber utilizaba motores deseñados por Ferrari, e caixas de cambio construídas por Sauber Petronas Engineering que eran practicamente idénticas as utilizadas pola escuadra do cavallino rampante.
miniatura| 300px | left | Giancarlo Fisichella pilotando para o equipo de Fórmula 1 Sauber no Gran Premio dos Estados Unidos en Indianápolis en 2004
O equipo suízo, anos atrás, licenciaba practicamente todos os compoñentes que se podían licenciar das máquinas de Ferrari, e ata tiña a varios enxeñeiros desta escudería no seu persoal. Moitos destacaron as notorias similitudes entre os chasis de Sauber e Ferrari, aínda que non existen acusacións oficiais respecto deste tema. (A FIA establece que cada equipo debe deseñar o seu propio chasis).
En resposta a todo iso, o equipo suízo resaltou o feito de que a escudería investiu unha importante cantidade de diñeiro nun túnel de vento a Hinwil, e nunha supercomputadora de alto rendemento destinada a mellorar a aerodinámica das súas actuacións.
Nos últimos tempos, os vínculos de Sauber con Ferrari víronse debilitados. O equipo de Peter Sauber aliñouse coas outras escuderías con respecto aos cambios de regulamento que se expuxeron ao final da tempada . Por outra banda, dise que o equipo unirase ao Grand Prix World Championship, a categoría "paralela" á F1 planeada para os próximos anos.
Cambio de propietario (2005 - 2009)
Ao non gañar ningún Gran Premio como independente, o equipo foi vendido a BMW en 2005, aínda que decidiu manter o nome por respecto aos fans, traballadores e ata o mesmo Peter Sauber , que continuou cun papel de asesor no novo equipo dirixido por BMW. O novo nome da escuadra é BMW Sauber. Competiu como BMW Sauber desde ata , anotando unha vitoria. Ao final da tempada 2009, BMW retirouse da Fórmula 1 e o futuro do equipo foi incerto durante varios meses, ata que foi vendido de novo a Peter Sauber e aceptado para competir en .
Retorno (2010 - 2015)
Despois de que BMW anunciase a súa retirada da Fórmula 1 ao final da tempada 2009 Peter Sauber recomprou o equipo. Con todo, debido a problemas co Acordo da Concordia, o equipo mantívose como "BMW Sauber" para a tempada 2010. En marzo de 2010, Peter Sauber anunciou plans para cambiar o nome do equipo durante a tempada, pero a FIA anunciou que tería que esperar ata o final da tempada para cambiar o seu nome. O equipo confirmou a utilización dos motores Ferrari e que o xaponés Kamui Kobayashi ía ser un dos pilotos da tempada, xunto con Pedro Martínez de la Rosa. A finais de tempada Pedro Martínez de la Rosa foi substituído por Nick Heidfeld.
Na tempada os pilotos foron Kamui Kobayashi e Sergio Pérez. Pilotos que continuaron na tempada .
miniatura|300px|Sergio Pérez no Gran Premio de Malaisia de 2011
O 23 de novembro de 2012, anunciouse que Nico Hülkenberg, Esteban Gutiérrez e Robin Frijns eran os novos pilotos do equipo para a tempada ; Hülkenberg e Gutiérrez, como parte do equipo de carreiras, e Frijns como piloto de reserva. O coche do equipo para o tempada será o C32, presentouse en Hinwil o 2 de febreiro de 2013. As cores foron cambiadas e o coche é agora gris, similar aos coches de Sauber na década de 1990.
Venda a Longbow Finance S.A (2016-presente)
miniatura|right|Os pilotos de Sauber Felipe Nasr e Marcus Ericsson competindo na cualificación do Gran Premio de Bahrain de 2016 2016 O 23 de xullo de 2015, Sauber confirmou que Ericsson e Nasr continuarían en .
O 20 de xullo de 2016 anunciouse que a firma suíza de investimentos Longbow Finance comprara as accións de Peter Sauber e Monisha Kaltenborn na compañía, o que converteu a Longbow Finance no único propietario de Sauber. Pascal Picci tomou o papel de Peter Sauber como presidente do consello e presidente. Monisha Kaltenborn permaneceu como director de equipo e CEO de Sauber. Á adquisición de Longbow Finance seguiu unha serie de especulacións sobre o futuro de Sauber. O equipo estivera en problemas financeiros durante anos antes do cambio de propiedade, a miúdo non podendo pagar os salarios aos membros do equipo a tempo.
Durante a tempada, o equipo só anotou puntos nunha ocasión. O noveno posto de Felipe Nasr no Gran Premio do Brasil de 2016, anotou dous puntos para o equipo, terminou décimo no Campionato de Construtores, un punto por diante de Manor.
2017 O 11 de novembro de 2016, Sauber anunciou que Ericsson permanecería co equipo en . O 16 de xaneiro de 2017, o equipo anunciou a contratación de Pascal Wehrlein, substituíndo a Nasr. Logo Wehrlein lesionouse nun accidente na Carreira de Campións de 2017, o terceiro piloto de Ferrari Antonio Giovinazzi tomou o seu lugar para a primeira proba de inverno. Malia que Wehrlein estaba en condicións de participar no Mundial de Fórmula 1 para o Gran Premio de Australia de 2017, retirouse logo de participar nas dúas primeiras sesións de práctica, Giovinazzi substituíuno o resto da fin de semana de carreiras. Giovinazzi substituíu de novo a Wehrlein para a seguinte carreira en China. Días antes do Gran Premio de Azerbaidján de 2017, confirmouse que a primeira directora feminina do equipo de F1, Monisha Kaltenborn, deixaría do equipo. Foi substituída polo ex xefe do equipo Renault, Frédéric Vasseur.
Asociación con Alfa Romeo (2018-)
2018 En abril de 2017, confirmouse que Sauber poñería fin ao seu contrato con Ferrari e comezaría un novo contrato coa Honda. No entanto, o 27 de xullo de 2017 anunciouse que Sauber cancelara a súa asociación prevista con Honda para por "razóns estratéxicas". O día seguinte, Sauber confirmou o seu novo contrato multianual con Ferrari para motores actualizados a partir de 2018. O 29 de novembro de 2017, Sauber anunciou que asinaran un contrato de asociación técnica e comercial multianual con Alfa Romeo, polo que o equipo denominarase "Alfa Romeo Sauber F1 Team" para a tempada de 2018.
O 2 de decembro de 2017 anunciouse que Charles Leclerc e Marcus Ericsson pilotarían para o equipo en 2018. Tatiana Calderón ascendeu a piloto de probas, logo de ser a piloto de desenvolvemento do equipo en 2017.
O 8 de abril no Gran Premio de Bahrein, Ericsson quedou noveno e conseguiu 2 puntos para o equipo cunha estratexia de única parada. Dúas carreiras máis tarde, Leclerc terminou sexto no Gran Premio de Azerbaidján, que foi a posición máis alta do equipo desde o Gran Premio de Australia de 2015. A carreira que seguiu en España viu a Leclerc rematando décimo e sumando puntos consecutivos. Foi a primeira vez que Sauber terminaba nos puntos en carreiras consecutivas desde . Ao longo da tempada, Sauber terminaría nos puntos en 12 ocasións e conseguiría colocar os dous coches nos puntos dúas veces.
miniatura|Antonio Giovinazzi pilotando o Alfa Romeo C38 durante o Gran Premio de Hungría de 2019 en Hungaroring.
Sauber rematou a tempada cuns respectables 48 puntos, rematando na oitava posición no Campionato de Construtores. Tras a conclusión da tempada, a Ericsson non o renovaron para a tempada seguinte e Leclerc partiu para a Scuderia Ferrari.
Alfa Romeo Racing/Equipo F1 (2019-2023)
2019 En setembro de 2018, Sauber confirmou que Kimi Räikkönen cambiaría lugar con Charles Leclerc para a tempada 2019. Tamén anunciouse en setembro de 2018 que Ericsson permanecería no equipo, pero como terceiro piloto e embaixador da marca. Antonio Giovinazzi substituiría a Ericsson e conduciría xunto a Räikkönen para a tempada 2019. O 1 de febreiro de 2019, Sauber anunciou que competiría na tempada como Alfa Romeo Racing aínda que a propiedade, licenza de carreiras e a estrutura de xestión permanecerían sen cambios.
A tempada foi unha boa tempada para Alfa Romeo: conseguiron 57 puntos e remataron oitavos no Campionato de Construtores. Räikkönen logrou nove puntos durante a tempada 2019, con catro Top 10 consecutivos nas catro primeiras carreiras. Giovinazzi só logrou catro puntos durante a tempada.