Palmira González Boullosa, nada en Vigo en 1941 e finada o 9 de febreiro de 2017"Palmira in memoriam", necrolóxica de Manuel Bragado., foi unha escritora galega.
Traxectoria Foi mestra e especialista en literatura de tradición oral.
Obra Literatura infanto-xuvenil A princesa Lúa e o enigma de Kian (Xerais, 1988) Brandol, fillo de Ferreol (Xerais, 1993)
Poesía Asoladamente, o teu nome (Ediciós do Castro, 1993)
Materiais didácticos Adiviñas (Galaxia, 1985) Mentiras (Galaxia, 1985) Arrolos (Galaxia, 1986) ¿Quen panda? (Galaxia, 1986) Cando o rei por aquí pasou (Xerais, 1997)
Premios Premio Merlín no 1987, por A princesa Lúa e o enigma de Kian. V Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón no 1992, por Asoladamente, o teu nome.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha da autora en Xerais
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1941 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón Categoría:Gañadores do Premio Merlín