Luís González Tosar, nado en Buenos Aires o 25 de agosto de 1952, é un escritor galego, na BVG. residente no Carballiño.Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI.

Traxectoria De familia galega, por volta de 1969 regresou a Galicia, completando en Vigo o bacharelato. Licenciado en 1981 en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesor de lingua e literatura galega no ensino secundario dende 1984. Foi fundador e director da revista Dorna e coordinador da colección Dombate de poesía.

Moi vencellado ó mundo da emigración, visitou en varias ocasións as sociedades galegas de cidades como A Habana e Buenos Aires, onde impartiu conferencias e cursos.

É presidente do PEN Clube de Galicia desde 1995 e foi membro da Fundación Rosalía de Castro. Preside a Fundación Blanco Amor.

A súa obra foi traducida ao catalán, italiano, inglés, francés, alemán e húngaro.

Ten colaborado en La Voz de Galicia, El Correo Gallego e La Región.

Insua dos Poetas En 2007 Luís González Tosar dcidiu crear un espazo cultural de uso público nun eido seu, situado na parroquia de Madarnás (O Carballiño): A Insua dos Poetas. Para iso creou a fundación A Insua dos Poetas que el mesmo preside. Promove actividades relacionadas co cinema, o teatro, o medio ambiente e con todo aquilo que sexa cultura galega. Celebra O día mundial dá árbore e no mes de xullo a Festa da Palabra: cada ano homenxéase un autor, inaugúrase unha escultura ligada ao evento literario e entréganse premios de literatura, cultura, emigración, xornalismo e música.

Obra Poesía A caneiro cheo (1986). Sociedade de Cultura Valle-Inclán. Prólogo de Ramiro Fonte. En Galaxia, col. Ronsel: 1987, ISBN 978-84-7154-563-3. Seis cánticos labrados co recordo de seis cidades mouras (1986). Grial: revista galega de cultura, N.º 94. Remol das travesías (1989). Vigo: Galaxia. 96 páxs. ISBN 978-84-7154-660-9 (2ª). Prólogo de Arcadio López Casanova. Campás de recalada (1992). Dorna: expresión poética galega, N.ª 19 extra. Limiar de Pere Gimferrer. Coa forza da palabra (1992). Biblioteca 114, Editorial Compostela (antoloxía poética). ISBN 84-85553-115. Madeira do meu canto / Madera de mi canto (1998). Visor, Madrid. Antoloxía bilingüe galego-castelán. Invocació d'un temps (poesia, 1986-2000). Invocación dun tempo (poesía, 1986-2000) (2001). Barcelona: Viena.Con prólogo de Pere Gimferrer. ISBN 84-8330-121-0. Estúrdiga materia (2008). Vigo: Galaxia. 118 páxs. ISBN 978-84-9865-103-4. Limiar de Xosé Luís Méndez Ferrín. Áspera materia (2012). Linteo. ISBN 9788496067691. Por fin Santiago! (2012). Xunta de Galicia. ISBN 9788445350577. Ilustrador Alfredo González. Penélope en Budapest e outros poemas: libro de poemas bilingüe/Pénelopé Budapesten és más versek: kétnyelvű verseskötet (2018). ISBN 978-963-489-028-7 Da cor da soidade. Poesía reunida 1986-2026 (2026). Vigo: Galaxia. Prólogo de Bieito Iglesias. ISBN 978-84-1176-612-8.

Narrativa Estación marítima (1996). Galicia en el mundo.Asinado como "Luís Tosar". ISBN 9788460551669.

Tradución A volta do xove Príncipe, de Alejandro Guillermo Roemmers (2013). Galaxia.

Como editor literario Polos vieiros da saudade de Ramón Otero Pedrayo, 2001, Galaxia. Fonduxos da memoria: obra poética (1946-1998), de Ramón Somoza Barros, 2002, Concello do Campo Lameiro. Poesía brasileira hoxe, 2004. Fagamos pola nosa lingua vocación de liberdade / narradores galegos do P.E.N. Let's call our language voice of freedom / prose writers of Galician P.E.N., 2005, PEN Clube de Galicia.

Obras colectivas Fantasías reais: almas dun protocolo, de Luis Moure Mariño, 1993, Ir Indo. Tradución do castelán ao galego, con Marisa Guerra. E dixo o corvo..., 1997, Xunta de Galicia. A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia. Poetas e narradores nas súas voces. I, 2001, Consello da Cultura Galega. Carlos Casares: a semente aquecida da palabra, 2003, Consello da Cultura Galega. Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney. Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior. Poetas con Rosalía, 2006, Fundación Rosalía de Castro. Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000, 2008, Universidade da Coruña. Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora. Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís, 2011, A Nave das Ideas. A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Editorial Toxosoutos. Xosé María Díaz Castro. Nimbos de luz, con Alfonso Blanco Torrado e Armando Requeixo, 2014, Galaxia. Sombras radiantes y otros poemas, de Xosé María Díaz Castro, edición bilingüe en colaboración con Armando Requeixo, 2014, Eneida. 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015.150 Cantares para Rosalía de Castro, p. 87 De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI, 2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega.

Premios Premio Esquío de poesía no 1985, por A caneiro cheo. Premio Antón Losada Diéguez no 1986, por A caneiro cheo. Premio da Crítica española no 1989, por Remol das travesías. Premio Julio Camba de xornalismo en 1999. Medalla Castelao da Xunta de Galicia en 2005. Premio da Crítica Galicia de creación literaria no 2009, por Estúrdiga materia. Premio Puro Cora de Xornalismo en 2011. En 2015 foi nomeado membro correspondente da Academia Arxentina das Letras.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Centro PEN Galicia

Ligazóns externas Enciclopedia Historia da Literatura Galega Asociación Socio-Pedagóxica Galega.

Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Medallas Castelao Categoría:Premio Esquío Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes