José Ibáñez Fernández, tamén coñecido como Xosé Ibáñez FernándezEnciclopedia Galega Universal.Diccionario enciclopédico galego universal.Galicia: Tomo XXXIII: A literatura desde 1936 ata hoxe: Poesía e Teatro, nado en Monforte de Lemos en 1900 ou 1901Diciopedia do século 21.Dicionario biográfico de Galicia e finado en Madrid o 4 de decembro de 1966, foi un folclorista, musicólogo e escritor galego. Da súa autoría foi a primeira obra de teatro representada en galego na posguerraVídeo con fragmentos dunha conferencia impartida por Gonzalo Bouza-Brey sobre Xosé Ibáñez.. miniatura|Diccionario galego da rima e galego-castelán. Traxectoria Ingresou na ferroviaria Compañía del Norte e foi Xefe de Sección Comercial de RENFE. Foi folclorista e musicólogo. Colaborou en El Progreso, asinando os seus artigos como Xan da Fouce.
Obra Viaxe perdido, 1949. Teatro, monólogo. Diccionario galego da rima e galego-castelán, 1950. O primeiro dicionario específico galego. Publicado en 2013 en facsímile por Edicións do Cerne. La tragedia de un empleo, 1954. Ensaio ferroviario. O Borio, 1961. Teatro, comedia en tres actos.Ilustrados pola pintora Celia Cortés Rivas. Chacuecadas, 1961. Contén 4 pezas: Morto e vivo (monólogo), Catro ladrós honrados (comedia en dous actos), Badaladas (comedia nun acto estreada en 1949) e O velorio (comedia en dous actos). Andrómenas, 1961. Contén 5 pezas: A birisca (sainete nun acto), Lucifer (monólogo), O esmoleiro (sainete lírico en dous actos), Estudante fracasado (monólogo) e O cabo Catuxo (monólogo).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Dramaturgos en lingua galega Categoría:Ensaístas de Galicia Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1966