Julio Palacios, nado en Paniza (provincia de Zaragoza) o 12 de abril de 1891 e finado en Madrid o 12 de febreiro de 1970, foi un físico aragonés.
Traxectoria Tras o seu doutoramento na Universidade de Madrid, Blas Cabrera aconselloulle que ampliase estudos en Leiden (Países Baixos), onde estudou as isotermas a baixa temperatura correspondentes ós gases nobres. Á súa volta, incorporouse no laboratorio do seu mentor con traballo sobre a tensión superficial do mercurio e a corrección correspondente das lecturas barométricas. Asemade, investigou sobre a luminosidade dos raios canais e sobre as substancias para e diamagnéticas.
No 1926 acadou a cátedra de Termoloxía en Madrid. Posteriormente investigou sobre as estruturas cristalinas por difracción de raios X.
O 8 de abril de 1932 ingresou na Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais cun discurso sobre mecánica cuántica.
Véxase tamén Ligazóns externas Anecdotario
Categoría:Físicos de España Categoría:Nados en Paniza Categoría:Nados en 1891 Categoría:Finados en 1970 Categoría:Académicos da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais Categoría:Alumnos da Universidade Central de Madrid Categoría:Personalidades sen imaxes