Hermes é o deus mensaxeiro, o que anuncia as noticias, o protector dos camiños e guía do viaxeiro. Fillo de Zeus e de Maia, sendo aínda moi neno xa deixou sentir o espírito inquedo e aventureiro: coa coiraza dunha tartaruga inventou a lira e cambioulla ao seu irmán Apolo (a quen astutamente lle roubara o seu gando) polo caduceo ou bastón da concordia. Protector do comercio e do que pacta en tratos, pasa por ser o inventor dos pesos e medidas nas transaccións comerciais.
Véxase tamén
Outros artigos Hermópole Magna
Categoría:Personaxes da Odisea Categoría:Deuses gregos Categoría:Personaxes da Guerra de Troia Categoría:Deuses do comercio Categoría:Deidades de Mercurio Categoría:Descendentes de Zeus