San Mariño diácono, chamado o Construtor, foi un canteiro, albanel ou ferreiro (segundo as fontes), que de acordo á lenda foi o fundador da máis vella república soberana do mundo que aínda sobrevive, San Marino, o 3 de setembro do ano 301. Traxectoria Segundo a tradición, era un cristián que fuxiu da persecución de Diocleciano, abandonando a illa de Rab en Dalmacia, en dirección ao outro lado do mar Adriático, onde se refuxiou no alto do monte Titano.

Segundo a lenda, as súas reliquias están albergadas na súa igrexa principal.Monges de Ramsgate (1921). «Marinus (St.)». The Book of Saints - A Dictionary of Servants of God Canonised by the Catholic Church Extracted From the Roman and Other Martyrologies. Londres: A & C Black, LTD

A súa festividade é o 21 de novembro.miniatura|Gravado de San Mariño representado como canteiro.|centro

Notas

Véxase tamén

San Marino Historia de San Marino

Categoría:Santos Categoría:Historia de San Marino Categoría:Santos do catolicismo