Adolf Friedrich Johann Butenandt, nado o 24 de marzo de 1903 en Lehe, Bremerhaven, (Alemaña) e finado o 18 de xaneiro de 1995 en Múnic, foi un bioquímico e profesor universitario alemán galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1939.
Traxectoria miniatura|esquerda|Estrutura do estrone. Estudou na Universidade de Marburg e na Universidade de Gotinga, onde se graduou en 1927, tendo como profesor a Adolf Windaus. Desde 1931 impartiu clases na Universidade de Gotinga e desde 1933 na Escola Técnica Superior de Danzig.
En 1936 foi nomeado director do Instituto de Bioquímica de Max Planck (antes chamado Kaiser Wilhelm) en Berlín-Dahlem.
Desde 1945 impartiu clases e investigou na Universidade de Tubinga, e posteriormente entre 1956 e 1971, foi profesor de química fisiolóxica na Universidade de Múnic e presidente da Sociedade Max Planck para o Progreso da Ciencia entre 1960 e 1972. Investigacións científicas Dedicouse a investigar as hormonas sexuais humanas, illando en 1929 o estróxeno, a androsterona en 1931 e a proxesterona e testosterona en 1934, determinando, así mesmo, as relacións entre estas e os esteroides.
Foi galardoado en 1939 co premio Nobel de Química, que compartiu con Leopold Ruzicka, polos seus traballos sobre as hormonas sexuais, pero o réxime nacionalsocialista no poder, obrigoulle a rexeitar tal galardón, que finalmente aceptou en 1949.
As súas investigacións, ademais, trataron sobre as hormonas e os virus dos insectos. Véxase tamén Premio Nobel de Química. Ligazóns externas Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1939 Biografía na páxina do Instituto Nobel Perfil de Adolf Butenandt en NNDB
Categoría:Químicos de Alemaña Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1995 Categoría:Nados en Bremen Categoría:Alumnos da Universidade de Gotinga Categoría:Alumnos da Universidade de Marburgo Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Complutense de Madrid Categoría:Premios Nobel de Alemaña