Iakov Mikhailovich Iurovski (en ), nado en Tomsk (Siberia) o 19 de xuño de 1878 e finado en Moscova o 2 de agosto de 1938, foi un bolxevique ruso, coñecido por ser o encargado de executar ó tsar de Rusia Nicolao II e a súa familia en 1918.

Traxectoria Primeiros anos Iakov foi o oitavo de dez fillos dunha familia de clase obreira. A familia Iurovski era xudía, pero a súa relación coa fe xudía foi ambigua. Segundo a historiadora Helen Rappaport Iurovski estudou o Talmud na súa mocidade, mentres que a súa familia tratou de distanciarse das súas raíces xudías, o que pode ser motivado pola discriminación que sufrían os xudeus en Rusia nese momento, de feito a súa familia odiaba e desprezaba por tradición á Rusia imperial.Rappaport, Helen. The Last Days of the Romanovs: Tragedy at Ekaterinburg. ISBN 0-312-37976-5, ISBN 978-0-312-37976-6. New York: St. Martin's Press, 2009. p. 32.

Viviu no Imperio Alemán desde 1904, onde se converteu ó luteranismo e cambiou o seu nome. Ó volver a Rusia durante a Revolución rusa de 1905, uniuse ós bolxeviques. Arrestado varias veces durante anos, acabou converténdose nun fervente comunista.

Asasinato da Familia Imperial

A noite do 16 de xullo de 1918, un escuadrón bolxevique asasinou o último emperador de Rusia, o tsar Nicolao II, e a súa familia, a tsarina Alexandra, o tsarévich Alexei e as Grandes Duquesas, Olga, Tatiana, María e Anastasia. Coa familia estaban ademais, o médico da familia Eugene Botkin e outros tres servos, que tamén foron executados. Todos foron fusilados e apuñalados na Casa Ipatiev da cidade de Ekaterinburgo, unha cidade da rexión dos Urais. Crese que Iurovski disparou ó tsar e o seu fillo en persoa, mentres que os seus compañeiros de escuadrón asasinaron os outros membros da familia.

Para evitaren calquera intento de culto ó tsar morto, os corpos foron soterrados no campo. Durante longo tempo creuse que os cadáveres de Nicolao e a súa familia foron colocados nun pozo mineiro, coñecido como Catro Irmáns. Logo, comprobouse que realmente foran soterrados alí a noite do 16 de xullo. Cando os rumores da morte do tsar chegaron a Ekaterinburgo, Iurovski ordenou rescatar os cadáveres e soterralos noutro lugar. Ao avariarse o vehículo que transportou os corpos, improvisouse e enterrouse a maioría dos corpos nunha mina oculta e selada no camiño Koptyaki a 20 quilómetros de Ekaterinburgo.

Todas as instrucións seguidas por Iurovski, foron emitidas polo Soviet dos Urais, que á súa vez as recibira de Iakov Sverdlov, dirixente do Soviet Central e amigo de Lenin. Tres días despois do asasinato dos Romanov, Iurovski reportou persoalmente a Lenin os sucesos daquela noite foi recompensado cun nomeamento na cheka de Moscova.

Despois da guerra civil rusa Ocupou unha serie de postos económicos e no partido, morrendo no hospital do Kremlin en 1938 aos 60 anos. Antes da súa morte, doou as pistolas que usou a noite do 16 de xullo de 1918 ao museo da revolución de Moscova e deixou tres valiosas, aínda que contraditorias, versións dos feitos. Nunca expresou remordementos polos asasinatos. No seu lugar lembraba, nunha última carta aos seus fillos pouco antes da súa morte, a súa carreira revolucionaria e como "a tormenta de outubro tróuxolle o seu lado máis brillante", converténdoo no "máis feliz dos mortais". Tanto el como o seu asistente Nikulin, quen morreu en 1964, foron soterrados no cemiterio de Novodevichii en Moscova. O seu fillo, Aleksandr Iurovski, entregou voluntariamente as memorias do seu pai aos arqueólogos afeccionados Avdonin e Ryabov en 1978.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

(libro electrónico)

Outros artigos Casa Ipatiev Nicolao II de Rusia Ligazóns externas Biografía

Categoría:Política da Unión Soviética Categoría:Nados en 1878 Categoría:Finados en 1938 Categoría:Nados en Tomsk