250px|miniatura|Entrada os estudos de RTÉ en Donnybrook Raidió Teilifís ÉireannBroadcasting Act 2009 (véxase Capítulo 113) (nome oficial en irlandés, en galego Radio Televisión de Irlanda), máis coñecida polas súas siglas RTÉ. É a empresa de radiotelevisón pública da República de Irlanda. Produce programas e retransmisións de televisión, radio e Internet. O servizo de radio comezou o 1 de xaneiro de 1926 baixo o nome de Radio Éireann, mentres que as emisións de televisión comezaron o 31 de decembro de 1961.

Radio Éireann, foi un dos 23 membros fundadores da Unión Europea de Radiodifusión no ano 1950.

RTÉ é unha corporación estatutaria controlada por unha autoridade designada polo goberno de Irlanda. A dirección xeral está en mans do Comité Executivo, encabezado polo director xeral. Participa no consorcio de Euronews.

Orixes As emisións en Irlanda comezaron no 1926 a través de 2RN en Dublín. Desde ese ano ata xuño de 1960, o servizo 2RN, máis tarde chamado Radio Éireann operou como unha sección do Departamento de Correos e Telégrafos, e os traballadores eran recoñecidos coma funcionarios polo goberno do país.

No ano 1960 RTÉ, baixo o nome Radio Éireann, quedou establecida pola Broadcasting Authority Act (Lei da Autoridade de Retransmisións) de 1960. A empresa foi transferida á nova autoridade que tamén se encargaba do novo servizo de televisión (Télifis Éireann), que operou desde o 31 de decembro de 1961. O nome foi cambiado a Radio Telefís Éireann pola Broadcasting Authority Act de 1966, e ambos servizos (radio e televisión) pasaron a ser coñecidos como RTÉ ese ano.

No ano 2009 a empresa volveu a cambiar o nome de Radio Telefís Éireann a Raidió Teilifís Éireann para reflictir a pronunciación no idioma gaélico do nome. Porén, na entrada da sede central en Dublín continúa o antigo nome gravado en pedra.

Servizos Radio RTÉ Radio 1 (intereses xerais) RTÉ 2fm (antiga RTÉ Radio 2, dedicada ó rock e a música pop) RTÉ lyric fm (música clásica, jazz, música do mundo) RTÉ Raidió na Gaeltachta, en lingua gaélica RTÉ 2XM (música para a mocidade) RTÉ Choice (humor, documentais, variedade internacional) RTÉ Digital Radio News (information) RTÉ Digital Radio Sport (deportes) RTÉ Gold (grandes éxitos da música clásica) RTÉ Junior (programas para nenos) RTÉ Europe (de cobertura europea) Televisión RTÉ One (entrou en servizo no 1961 co nome de Telefís Éireann. Primeira cadea da televisión irlandesa) RTÉ Two (segunda cadea da televisión irlandesa) TG4 (canle en lingua irlandesa)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Historia da televisión en Irlanda Páxina Oficial

Categoría:Cadeas de televisión da Unión Europea Categoría:Emisoras de radio Categoría:Membros da Unión Europea de Radiodifusión