O Patí Alcodiam Salesià, tamén coñecido como PAS Alcoi é un club de hóckey a patíns e patinaxe artística da localidade alacantina de Alcoi.

O equipo de hóckey a patíns compite actualmente na OK Liga.

Historia O Club Patí d'Alcoi foi fundado en 1951, e tres anos máis tarde converteuse en sección do Real Alcodiam Deportivo, un dos clubs de fútbol de Alcoi. En 1957 fusionouse co equipo do Colexio Salesianos e dende aquela é denominado Patí Alcodiam Salesià.

Véxase tamén

Alcoi