Para a moeda de pedra da Micronesia denominada "rai" véxase: Moeda de pedra.

RAI ou Radiotelevisione Italiana, coñecida ata 1954 como Radio Audizioni Italiane, é a empresa de radiodifusión pública de Italia. É a maior empresa de televisión de Italia, e compite coas cadeas privadas de empresas como Mediaset, Telecom Italia Media ou Sky Italia. A RAI opera varias canles de radio e de televisión, emitindo no sistema analóxico terrestre ata o 2013, vía televisión dixital e por satélite. Foi un dos 23 membros fundadores da Unión Europea de Radiodifusión no ano 1950.

Debido á súa proximidade xeográfica con Italia, o sinal da RAI tamén se pode recibir en países como Albania, Suíza, Mónaco, Malta, San Marino, a Cidade do Vaticano, Eslovenia ou Croacia.

Orixes A RAI naceu coma unha empresa privada coñecida como Unione Radiofonica Italiana (URI) e foi creada no ano 1924 por varios empresarios privados e membros do grupo Marconi. A URI realizou a súa primeira emisión de radio o 24 de outubro dese ano cun cuarteto de Haydn.

No ano 1927 a URI foi renomeada como Ente Italiano Audizioni Radiofoniche (EIAR). Sobreviviu ata 1944 cando, baixo presión dos Aliados, foi renomeada Radio Audizioni Italiane, ou RAI.

Non foi ata o 1954 cando a RAI adquiriu a súa estrutura actual. Nese ano o estado italiano adquiriu parte da empresa, e a RAI comezou as súas emisións de televisión. O 3 de xaneiro de 1954 as 11:00, a primeira grella de televisión foi emitida desde a oficina de Milán e desde as subsés de Turín e Roma. Ás dúas dese mesmo día comezou a primeiro programa de televisión da historia italiana Arrivi e partenze, dirixido por Armando Pizzo e Mike Bongiorno.

Servizos Radio Rai Radio 1: Noticias e información Rai Radio 2 Rai Radio 3: música clásica Rai Radio Tutta Italiana Rai Radio Classica Rai Radio Techete' Rai Radio Live Rai Radio Kids Rai Gr Parlamento: Emisións desde o Parlamento Italiano Rai Isoradio Rai Südtirol Radio: en alemán, só emite na provincia de Bolzano Radio Trst A: en esloveno, só en Friúl-Venecia Xulia Televisión Émisión analóxica (ata o 2012), dixital e satélite: Rai 1 Rai 2 Rai 3 Rai 4: entretemento Rai 5 Rai Südtirol: en alemán, só en Bolzano-Bozen unhas poucas horas ó día; Emisión en dixital: Rai News 24 [s]: noticias Rai Sport [s]: deportes Rai Gulp [s]: destinado á mocidade Rai Storia [s]: educación e cultura Rai Scuola [s]: educación e cultura

[s]: tamén dispoñible vía satélite

Emisión vía satélite: Rai Scuola Camera dei Deputati Senato Italiano Internacional Rai Italia: emisión dos mellores programas da RAI

Véxase tamén Ligazóns externas http://www.rai.it/ http://www.raiplay.it/

Notas

Categoría:Cadeas de televisión de Italia Categoría:Emisoras de radio Categoría:Membros da Unión Europea de Radiodifusión